Complementarias

Contido da Charla sobre a Selectividade 2013

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero (12 de abril) para o alumnado de 2º de Bacharelato, sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da Selectividade, adxuntamos fichero do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento

Charla sobre a Selectividade para 2º de Bacharelato

O VENRES 12 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª y 4º horas), sobre “SELECTIVIDADE 2013: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler mais.

XINCANA MGB - 2013

O vindeiro venres, 22 de marzo, terá lugar a Xincana 2013” no noso centro. O alumnado participante deberá resolver unha batería de preguntas sobre o tema da auga que foron confeccionadas polos diferentes departamentos. A actividade realizarase nas dúas últimas sesións da data indicada, en distintos espazos do instituto: biblioteca, aulas de informática, ximnasio, ... Os equipos gañadores recibirán premios en material escolar.

logo.jpg

DÍA DA MULLER

Con motivo da celebración do Día da Muller terá lugar na biblioteca do centro, en ámbolos dous recreos de mañá venres, 8 de marzo, a proxección dun vídeo sobre “a muller e o deporte” realizado por alumnas de 3º ESO C. Contamos coa presencia de todo o alumnado. Non faltedes!

 

 

MULLER.jpeg

Alumnos do MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas

Os alumnos de 2º de Bacharelato do noso centro: Nerea Gestoso Uzal, Ana Reino Sánchez, Víctor Fariña Torres e Carlos Gomes González participarán o mércores 13 de marzo na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA ( “Física de Partículas coas mans” ), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato

Máis información nesta ligazón:

Charla sobre seguridade en Internet para o alumnado de 3º ESO

O vindeiro martes 5 de marzo, nas dúas sesións da tarde, o alumnado de 3º de ESO asistirá a usos múltiples a unha charla sobre seguridade en Internet, impartida por un profesional informático do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, dentro do programa NAVEGA CON RUMBO.

Navega con rumbo

PREMIOS "ENTROIDO 2013"

O pasado venres, 8 de febreiro, tivo lugar no noso instituto o concurso de disfraces. O xurado, formado por profesorado do centro, outorgou os seguintes premios:

  • Categoría individual: Inmaculada Búa de 1º ESO, “Pitufo” e Loyola Silva, de 2º ESO, “Slenderman”.

  • Categoría grupos: Patricia Calviño e Ariadna Silva, de 1º de BAC, “Guiris” e Aníbal Comesaña, Ángel Sanmartín e Miguel Baliño de 3º ESO, “LMFAO”

  • Premio especial do xurado: comparsa “ Os batedoras”, formado con alumnado de 3º ESO e 1º e 2º de BAC.

As fotos do evento podedes consultalas na galería de Flickr.

CONFERENCIA DE SUPERCOMPUTACIÓN

O vindeiro venres, 15 de febreiro, en horario de 11:35 a 12:25, terá lugar no centro unha conferencia de Pablo Rey Mayo, investigador do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA, Santiago de Compostela), centro mixto no que participan o CSIC e a Xunta de Galicia.
A actividade inclúese dentro de Exper-i-Ciencia CSIC 2012, programa de divulgación científica co obxectivo de achegar a ciencia e a investigación á comunidade educativa mediante visitas aos centros de ensino de persoal científico-técnico do CSIC, para falar de ciencia cos estudiantes e docentes. A conferencia está organizada polo departamento de tecnoloxía e dirixida ao alumnado de 3º da ESO.

ORIENTACIÓN VOCACIONAL

O vindeiro venres, 15 de febreiro, terá lugar na sala de usos múltiples do centro, en horario de 12:45 a 14:25, unha actividade programada polo Departamento de Orientación sobre “orientación vocacional” destinada ao alumnado de 2º de BAC. Contaremos coa asistencia dun profesor da USC, un representante da Armada Española e varios exalumnos que nos informarán dos diferentes estudios que se poden realizar unha vez rematado o bacharelato.

Odisea 2013 no MGB

Durante toda a mañá do xoves, dende a Biblioteca e a sala de informática 1, os alumnos de Latín e Grego do MGB participarán na VIII edición do concurso de Cultura Clásica Odisea 2013, xunto con outros centros de GaliciaValencia, CastellónAlacantCatalunyaAragón e Valladolid.

A temática este ano xirará en torno a un tema de actualidade, A Educación.

Temos apuntados os seguintes equipos:

  • 4º de ESO: ARRE & SO, VICTORIUM, AZUL, PIXOSCOOTER
  • 1º BACHARELATO: HIC ET NUNC, FACIES IRATA,TUXTAX, NESCIO, GALLAECIA QUALITAS
  • 2º BACHARELATO: NIKE, COGITO ERGO SUM, INTELLIGENTIBUS PAUCA

Esperamos repetir a intensidade, emoción e nervios da edición anterior. Desta vez xogaremos en dous concursos simultáneos, posto que imos facer tamén unha clasificación interna, na que levarán premio os 2 primeiros clasificados do noso Centro (caixa grande e caixa mediana respectivamente).

pd: o Concurso conta con páxina propia na Galipedia, elaborada polos alumnos dentro do proxecto DivesGallaecia 2012

ENTROIDO 2013

O vindeiro venres, 8 de febreiro, terá lugar no noso centro a festa do entroido. Teremos concursos de disfraces, baile con música en directo e larpeiradas, filloas, orellas, flores, .... Os actos serán presentados por dous ex alumnos do centro: Diego Gómez Méndez e Gonzalo Louzao Dono. Agardamos que todo saía ben e que vivamos esta festa con moita ledicia.

O deseño do cartel que anuncia a festa, foi realizado polo alumno de 2º de bacharelato, Alejandro Mosteiro González.

05 entroido 2013.png

ACTIVIDADE DEPORTIVA NO IES MANUEL GARCÍA BARROS.

Neste mes de xaneiro, co obxectivo de fomentar o deporte e, ao mesmo tempo, pasalo ben, dará comezo no noso centro un campionato de tenis de mesa coa participación de alumnado e profesorado do instituto. As partidas xogáranse nos recreos durante o 2º e 3º trimestre. Da marcha do mesmo teredes cumprida información nesta web.

CINE DE TERROR NO IES GARCÍA BARROS.

O vindeiro xoves, 20 de xaneiro, terá lugar na “sala de usos múltiples do centro” unha actividade sobre cine de terror organizada polo concello de A Estrada. Destinada a alumnado de bacharelato, desenvolvérase en horario de 10:45 a 14:25.

cine_terror.png

Conferencia sobre África

Mañá martes, 18 de decembro, terá lugar unha charla sobre África na Sala de Usos Múltiples, destinada ao alumnado de 1º ESO, en horario de 12:45 a 14:25. A conferenciante será a profesora Magaly Barreiro, que ilustrará a súa charla con fotografías e vídeos das súas recentes viaxes a este continente.

Actividade literaria de Yolanda Castaño

O vindeiro mércores, día 19, a escritora galega Yolanda Castaño participará nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega para o alumnado de 2º de Bacharelato onde falará sobre a poesía galega contemporánea ao tempo que ilustrará a súa actividade con recital poético propio e de poetas contemporáne@s, así como tamén con proxección de videopoemas propios.

yolandacastano1.jpg
Distribuir contido