Complementarias

O vindeiro día 5 de Febreiro: charla de MARILAR ALEIXANDRE

O vindeiro xoves, día 5 de Febreiro, MARILAR ALEIXANDRE acudirá ao noso centro para participar nunha charla co alumnado de 3º da ESO, co alumnado do “Clube de Lectura” así coma co alumnado de 2º de Bacharelato de Literatura Galega do Século XX e da Actualidade. O alumnado está a ler a súa obra A banda sen futuro. A actividade terá lugar a partir das 12'45 e está organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura.

200px-Marilar_Aleixandre._Foto_da_AELG_2.jpg

27 de xaneiro: Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto

Dende hoxe, 27 de xaneiro,  Día Internacional de Commemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, e ata o 13 de febreiro, podedes visitar en Usos Múltiples unha exposición organizada polos alumnos de  Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de bacharelato, en colaboración co grupo de Deseño do bacharelato de Artes.

 

Xadrez e Tenis de mesa no MGB

Como en cursos anteriores, no 2º e 3º trimestre están a ter lugar os campionatos de tenis de mesa e xadrez. As partidas teñen lugar nos recreos, disputándose por sistema de liga e eliminatorias. Están coordinadas polos profesores do centro, Miguel Bugallo e Ramón Aller.

xadrez.jpeg

Festival de Nadal

O vindeiro venres, 19 de decembro, terá lugar a celebración do festival de Nadal na aula de usos múltiples en horario de 11:35 a 14:10 horas. Contaremos coas seguintes actividades: Festival Musical, coa actuación de alumnos/as da materia de música dirixidos pola profesora María Varela e “xogo musical”, organizado polas alumnas de bacharelato Ana Vilar e Sarai Louzao. Agardamos que teñades todos/as unha boa xornada de goce e convivencia neste remate do 1º trimestre.

nadal.jpg

"Nas túas mans", Día contra a Violencia de Xénero

Neste vídeo, elaborado por Miguel Bugallo, recóllense as imaxes máis destacadas da "Pintada de uñas" realizada no Centro con motivo do "Día contra a violencia de xénero" e organizada polo equipo da MeGaBiblioteca. Estas imaxes queren salientar o moito que cada un pode facer para frear esta violencia, o que está nas nosas mans...

Concurso de carteis e viñetas da MeGaBiblioteca

O pasado 25 de novembro tivo lugar na MeGaBiblioteca a entrega de premios do Concurso de carteis e viñetas con motivo do "Día contra a violencia de xénero". Foron presentados máis de 50 traballos e os gañadores foron os seguintes:

  • Categoría alumnnos 4ESO-2BAC: Jon Lamas (2BAC)
  • Categoría alumnos 1ESO-3ESO: Ángela Cabalar e Ainhoa Carracedo (1ESO)

Todos os participantes recibiron un agasallo.

Videoconferencia A Esmorga

O mércores o alumnado de 2º de Bacharelato participou nunha videoconferencia, en conxunto con outros sete centros da provincia, cos actores (Miguel de Lira, Morris e Karra Elejalde) e co director (Ignacio Vilar) da obra que este venres estará nas pantallas dos nosos cines: A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor.

VIDEOCONFERENCIA CO EQUIPO D' A ESMORGA

O próximo mércores, 19 de novembro, organizada polo Equipo de Normalización Lingüística, coa colaboración do Departamento de LGL e de Sindo Monteagudo, terá lugar na sala de usos múltiples do centro unha videoconferencia co director e os actores da película A esmorga. Acudirá todo o alumnado de 2º de Bacharelato. Participarán activamente na videoconferencia Paula Belén Aboy Campos, Xiao Aller Cristobo, Sara Carrasquel Iglesias, Martín Mato Búa e Lucía Tilve García.
A actividade desenvolverase en horario de 12:00 ata as 14:00.

a esmorga.jpg

Festa do Magosto no MGB

O vindeiro venres, 14 de novembro, terá lugar a celebración, un ano máis, do “Magosto”. Contaremos con música tradicional, xogos populares e  degustación de castañas asadas. A actividade terá lugar entre as 12:25 e as 14:10 horas. Agardamos que nos acompañe o tempo atmosférico para un mellor desenvolvemento da festa.
O cartaz do magosto foi elaborado polo alumno de 2º de Bacharelato, Willian Cabaleiro Taboada.

cartel WILL copy.jpg

Obradoiros de competencias sociais e individuais no MGB

O vindeiro luns, 17 de novembro, terán lugar no noso centro uns obradoiros sobre “linguaxes expresivas e estratexias metodolóxicas para o desenvolvemento de competencias sociais e individuais”. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, vai destinada ao alumnado de 1º ESO e impartirase na aula de usos múltiples en horario de 10:45 a 13:35 horas (3ª, 4ª e 5ª sesións).

Videoconferencia do día da Ciencia e a Tecnoloxía en galego

O mércores 5 de novembro celébrase o Día da Ciencia e a Tecnoloxía en galego, actividade organizada pola Coordinadora Galega de ENDL. Como actividade principal vaise realizar unha videoconferencia simultánea a 75 centros de Galicia por parte de Manuel Caeiro Rodríguez, Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo, que falará sobre o pasado, presente e futuro da programación informática. Polo noso centro participará na citada videoconferencia, que se realizará en horario de 12:00 a 13:00, o alumnado de Tecnoloxía de Tecnoloxía de 4º de ESO e de Tecnoloxía Industrial de 1º e 2º de BAC.

foto_manuel_caeiro.jpg

Charla de Fran Bueno no IES Manuel García Barros.

O xoves, 9 de outubro, en horario de 10:45 a 11:35 horas,  o debuxante de cómic, Fran Bueno, gañador do último premio “Castelao” ofrecerá unha charla no noso centro aos alumnos/as do Bacharelato de Artes (1º e 2º) e os alumnos/as de plástica de 4º ESO. O acto, organizado polo Departamento de Plástica, terá lugar na aula de usos múltiples do centro.

thumb_190_franbueno2.jpg

FIN DE CURSO

O vindeiro xoves, 19 de xuño, a actividade docente normal sufrirá modificacións por mor da celebración do fin de curso 2013-2014. Entre outras desenvolveranse as seguintes actividades: proxección da curtametraxe “Te pillé”, simultáneas de xadrez, finais de fútbol-sala e tenis de mesa e, para rematar, actuacións musicais. Agardamos que teñades todos/as unha boa xornada de goce e convivencia neste final de curso.

A ANTÁRTIDA NO MGB

A profesora de Bioloxía do centro, Magaly Barreiro, impartirá unha charla sobre a Antártida na que exporá aspectos científicos e curiosidades deste continente acompañándoos de imaxes das súas viaxes.  A actividade terá lugar na sala de usos múltiples do centro o vindeiro xoves, 19 de xuño. Vai dirixida ao alumnado de da ESO.

antártida.jpeg

Final do IV Campionato de xadrez MGB

Finalizada as distintas fases do Campionato de Xadrez 2013-14, os alumnos/as que disputarán a final son: Martín Mato Búa  e Iago Couceiro Garea, ámbolos dous de 1º de bacharelato. As partidas terán lugar nos recreos a partir do mércores, 11 de xuño. Terán lugar dúas partidas alternándose a saída con brancas. Se houbese empate disputaríase unha máis. Pódese asistir á final sempre que se respecte a concentración dos xogadores.

Distribuir contido