Complementarias

CAMPIONATO DE XADREZ MGB 2O13-14.

Como en anos anteriores xa está en marcha o IV campionato de xadrez. Os alumnos/as participantes corresponden aos cursos de 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de BACHARELATO. A primeira fase terá lugar por sistema de liga distribuíndose os participantes en grupos de 4. Clasificaranse para a 2º fase os dous primeiros de cada grupo.

Non podemos esquecernos de lembrar ao campión das dúas últimas edicións, Sergio Pampín López, ao que desexamos sorte nos seus novos estudios, logo de ter rematado o seu paso polo noso instituto.

Xadrez

MAGOSTO 2013.

O vindeiro venres, 15 de novembro, terá lugar a celebración, un ano máis, do “Magosto”. Contaremos con música e baile tradicional, concurso gastronómico ó redor da castaña, xogos populares e, como non!, degustación de castañas asadas. A actividade terá lugar entre as 11:35 e as 14:10 horas. Agardamos que nos acompañe a climatoloxía e que haxa unha alta participación.

O cartaz do magosto foi elaborado polos alumnos/as de 1º de Bacharelato, Vanessa Ríos Cores e Martín Vede Pájaro.

cartel_magosto 02.png

BALONCESTO NO MGB

Mañá martes, 8 de outubro, o equipo de baloncesto EDM Estradense realizará unha exhibición deste deporte dirixida ao alumnado da ESO do noso instituto. A mesma terá lugar no pavillón Coto Ferreiro de A Estrada en horario de 16:30 a 17:20.

baloncesto.jpeg

FIN DE CURSO 2013

O vindeiro xoves, 20 de xuño, terá lugar o remate do presente curso. Están previstas distintas actividades que se desenvolverán ó longo da mañá:

  • Nas primeiras horas:
    • Charla sobre o continente da Antártida para alumnos/as de 1º ESO que ofrecerá a profesora Magaly Barreiro na Sala de Usos Múltiples.
    • Competición de coches eléctricos teledirixidos construídos polo alumnado de 3º ESO na asignatura de Tecnoloxía. Terá lugar no patio cuberto a carón do ximnasio.
  • Nas dúas seguintes sesións, no patio de recreo e dentro do Programa Xogade, Deporte no Centro, disputaranse as finais do campionato de fútbol-sala e baloncesto.
  • Como remate, nas últimas sesións, o Festival Fin de Curso que inclúe unha proxección de curtas, a obra de teatro “Sen combustible” e distintas actuacións musicais.

Lembrade que os boletíns de notas entregaranse o martes 25, ás 10:30, nas respectivas aulas.

Charla sobre o continente antártico

O vindeiro xoves, 20 de xuño, dentro das actividades programadas para o presente curso 2012/13, a profesora do centro, Magaly Barreiro, ofrecerá unha charla informativa sobre o continente da Antártida. Vai dirixida ao alumnado de 1º da ESO e terá lugar entre as 08:45 e as 10:25.

antartida 2.jpeg

Xadrez. Remate do campionato.

Nunha partida moi igualada na que os xogadores foron a un cambio de Damas, as brancas de Martín Mato Búa desperdiciaron unha vantaxe de dous peóns logo dun mal movemento. Isto posibilitou a recuperación das negras de Sergio Pampín López, que aproveitaron a situación para coroar con un peón e lograr un xaque mate con Rei e Dama. Parabéns a tódolos participantes.

Clasificación final do IV campionato de xadrez MGB:

  • 1º Sergio Pampín López.

  • 2º Martín Mato Búa. 
  • 3º Fernando Vázquez Novoa.



Xadrez. Final do campionato MGB 2012/13

Moita igualdade nesta final entre o campión das dúas últimas edicións, Sergio Pampín, e o alumno de 4º ESO, Martín Mato Búa. Ámbolos dous atópanse a unha vitoria para gañar o campionato. Sergio con negras utilizou a defensa dos dous cabalos para responder ó ataque das brancas de Martín. Neste intre teñen as mesmas pezas perdidas: un cabalo negro e un alfil branco. Ámbolos dous están intentando atacar co cabalo para conseguir unha posición na que lograr vantaxe cunha ameaza rei-torre. As partidas teñen lugar nos recreos dos martes e xoves.

Charla de Dieste e Ventura, da EPAPU do cárcere de Teixeiro

Hoxe, luns 3, o alumnado de Ética de 4º da ESO, así como o de 4º PDC e 3ºC, asistiron a unha charla dada por alumnos da escola do cárcere de Teixeiro, dentro do Proxecto Anoca. Ventura e Dieste (na foto) compartiron con nos as súas duras experiencias vitais. Sorte e grazas, a eles e aos profesores que os acompañaron.

IMG_4705_500.jpg

Charla 1BAC: Selectividade 2014 e Ciclos Formativos.

O vindeiro xoves, día 30 de maio, os alumn@s de 1º Bacharelato asistirán a unha charla sobre o próximo curso ao que accederán (2º Bach.) e a súa relación coa Selectividade 2014 e os Ciclos Formativos, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome. Na última parte da charla intervendrá a directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia. Sala de usos múltiples. Duración: 3ª e 4ª horas.

PRESENTACIÓN - COLOQUIO.

Mañá martes, 7 de maio, de 10:45 h a 11:35, terá lugar unha presentación da Escola de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos. A actividade vai dirixida a alumnos/as de 2º bacharelato ( A e B) e terá lugar na Sala de Usos Múltiples do Centro.

Día do libro

Para celebrar o Día do Libro teremos na biblioteca do instituto unha exposición cos libros que alumnos, profesores e persoal non docente escolleu entre os que lle deixaran pegada.

Pola tarde haberá unha pequena intervención arredor dos libros nas aulas de secundaria. Estade atentos, a ver quen entra!

Sesións sobre pánico escénico, autocontrol e musicoterapia

O alumnado de 1º de Bacharelato da vía de Artes escénicas, Música e Danza terá nas clases de análise musical os martes 16 e 23 de abril unhas sesións sobre pánico escénico, autocontrol e musicoterapia impartidas pola psicóloga e osteópata María Garrido e a musicoterapeuta Natalia Carbajal da Clínica Albeitaria.

Contido da Charla sobre a Selectividade 2013

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero (12 de abril) para o alumnado de 2º de Bacharelato, sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da Selectividade, adxuntamos fichero do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento

Charla sobre a Selectividade para 2º de Bacharelato

O VENRES 12 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª y 4º horas), sobre “SELECTIVIDADE 2013: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler mais.

XINCANA MGB - 2013

O vindeiro venres, 22 de marzo, terá lugar a Xincana 2013” no noso centro. O alumnado participante deberá resolver unha batería de preguntas sobre o tema da auga que foron confeccionadas polos diferentes departamentos. A actividade realizarase nas dúas últimas sesións da data indicada, en distintos espazos do instituto: biblioteca, aulas de informática, ximnasio, ... Os equipos gañadores recibirán premios en material escolar.

logo.jpg
Distribuir contido