Complementarias

Actividades coordinadas polo Departamento de Orientación

Durante este mes de abril o Departamento de Orientación está a dinamizar unha serie de proxectos para implementar nos diversos cursos e niveis nas horas de titorías. Son os seguintes:
                   - 1º da ESO: “Resolución de conflitos e asertividade”. (4 sesións )
                   - 2º da ESO: “Prevención de consumo de alcohol". (4 sesións)
                   - 3º da ESO:  “Intimidación e acoso”.(4 sesións)
                   - 4º da ESO : “Proxecto Senda”- Autocoñecemento e toma de decisións. (4 sesións )

Contido da charla da Selectividade 2015

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero (10 de abril) para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da Selectividade adxuntamos fichero do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Actuación de Manoele de Felisa

O pasado venres, día 27 de marzo, MANOELE DE FELISA actuou para o alumnado de 2º de bacharelato musicando poemas propios así coma de autoras e autores galegos/-as. Moitas grazas, Manoele, por demostrares a valía da nosa literatura, da nosa lingua así coma da nosa música.

Manole de Felisa2.JPG

Charla PAU 2015

O VENRES 10 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª y 4º horas), sobre “SELECTIVIDADE 2015: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

Para máis información sobre os contidos a tratar, premer na seguinte ligazón.

Actuación de Manoele de Felisa no MGB

O venres día 27 de marzo actuará o cantautor galego MANOELE DE FELISA no noso centro para o alumnado de 2º de Bacharelato, ofrecéndolles a interpretación de poesía galega contemporánea. O acto terá lugar ás dúas últimas horas (12'45-14'25) na sala de usos múltiples.

images galego.jpeg

Charla para 1º BAC o vindeiro xoves 26

O vindeiro xoves, día 26 de marzo, os alumn@s de 1º Bacharelato asistirán a unha charla sobre o próximo curso ao que accederán (2º Bach.) e a súa relación coa Selectividade 2016 e os Ciclos Formativos, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome. Sala de usos múltiples. Duración: 3ª e 4ª horas.

Eclipse de Sol

O vindeiro venres, 20 de marzo, terá lugar un eclipse de Sol que poderá observarse dende Galicia. O acontecemento comezará ás 09:05 e rematará ás 11:08. Como xa sabedes, a visión directa do fenómeno pode ocasionar graves problemas de saúde. Unha maneira segura de velo e utilizando unha cámara escura. Os alumnos/as de 4º ESO, dentro dos contidos da materia de Plástica, están construíndo e manexando ditas cámaras. Se estades interesados realizarán unha explicación de como é o proceso de construción e manexo das cámaras. Terá lugar o vindeiro xoves, no segundo recreo, nas pistas de baloncesto.
Se desexades máis información de como construíla, premede no seguinte enlace: http://mgbook.blogspot.com.es/2015/03/eclipses-e-camaras-escuras.html

eclipse.jpeg

Entrega de premios do "Lector do Mes"

O pasado luns fíxose a entrega dos premios "O LECTOR DO MES" aos alumnos Alba Vázquez Carballo e Guaire Fernández Amil. Noraboa!

P2230922.JPG

Novas MeGaBiblioteca

  • HORA DE LER farase o luns 23 de febreiro: ocupará os 20 primeiros minutos da primeira clase da mañá.
  • A entrega dos premios "O LECTOR DO MES" será no segundo recreo do luns 23. Os galardoados son Alba Vázquez Carballo e Guaire Fernández Amil.
  • Ampliouse o prazo para participar nos concursos BICOS e NAMORA EN 140: remata o venres 27 de febreiro. Aínda estás a tempo!

Charla sobre os riscos da Internet para o alumnado de 2º da ESO

O vindeiro martes 24 de febreiro a 2ª hora da tarde celebrarase na sala de usos múltiples unha conferencia a cargo dun representante do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia sobre os riscos da Internet, dirixida ao alumnado de 2º de ESO.

Dita conferencia encádrase na campaña "Navega con Rumbo" da Consellería de Educación, coa cal se predente informar a alumnado, pais e nais e profesorado dos perigos dun uso inapropiado ou inconsciente de Internet.

Navega con rumbo

Orientación vocacional no MGB

Organizada polo Departamento de Orientación terá lugar o vindeiro xoves, 19 de febreiro, na  sala de usos múltiples do centro, en horario de  10:45 a 12:25 (3ª e 4ª sesión), unha actividade de “Orientación profesional e laboral” dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato. Contaremos como poñentes coa profesora de Hostalería, Raquel Fondevila, co profesor da Facultade de Relacións Laborais da USC, Carlos J. Álvarez e co brigada da Armada Española, Luís Cagiao.

San Valentín non MGB

O instituto enchéusenos de bicos!!!

Polo San Valentín propoñemósvos dous concursos:

1. Namora en 140: colle unha folla de participación na biblioteca e escribe unha declaración amorosa que non supere os 140 caracteres. Pode ser real, ficticia, cómica, melancólica... pero sé breve.

2. Bicos: polo corredor verás dez cadros, dez textos e dez cancións... Colle a folla de participación correspondente e cúbrea cos pintores, escritores e intérpretes de cada un deles.

Tes ata o venres 20 para entregar as túas follas na biblio. Podes participar nos dous concursos ou nun só: ti escolles. Haberá un premio en cada categoría.

Se non queres participar, pero precisas palabras de amor atinadas para estes días, podes mirar se che dan ideas... Algunhas levan séculos unindo parellas .

Bicos para tod@s.

SanValentin__20150212_07_0.JPG

Entroido 2015

O vindeiro venres,13 de febreiro, terá lugar no noso centro a festa do Entroido. Teremos concursos de disfraces, baile con música en directo e larpeiradas, filloas, orellas, etc, que  o alumnado de 4º da ESO elaborará para costear a súa excursión. Os actos serán presentados polos alumnos de 1º de bacharelato, Natalia Camiña, Jessica Magariños e Xulián Montouto. No apartado musical contaremos coa selección realizada  polo alumno de 2º bacharelato, Carlos López.
O deseño do cartaz foi realizado polo alumno de 2º de bacharelato de Artes, William Cabaleiro.

CARNAVALwill.png

Actividade con Xesús Fraga, autor da obra Reo

O vindeiro luns, día 9 de febreiro, ás 12:45 estará no noso centro o autor da obra REO co alumnado de 4º da ESO así coma co alumnado de Literatura Galega do Século XX e da Actualidade de 2º de Bacharelato, nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

xesus fraga.jpg

All of me - Festival Nadal 2014

Presentamos hoxe o vídeo da actuación no Festival de Nadal dos alumnos de música 2º e 1º BAC e 3º ESO B, dirixidos pola profesora María Varela. A Gravación de son correu a cargo de Diego Valcárcel e da edición e filmación en vídeo encargouse Sandra Iglesias.

Distribuir contido