FIN DE CURSO 2013

O vindeiro xoves, 20 de xuño, terá lugar o remate do presente curso. Están previstas distintas actividades que se desenvolverán ó longo da mañá:

  • Nas primeiras horas:
    • Charla sobre o continente da Antártida para alumnos/as de 1º ESO que ofrecerá a profesora Magaly Barreiro na Sala de Usos Múltiples.
    • Competición de coches eléctricos teledirixidos construídos polo alumnado de 3º ESO na asignatura de Tecnoloxía. Terá lugar no patio cuberto a carón do ximnasio.
  • Nas dúas seguintes sesións, no patio de recreo e dentro do Programa Xogade, Deporte no Centro, disputaranse as finais do campionato de fútbol-sala e baloncesto.
  • Como remate, nas últimas sesións, o Festival Fin de Curso que inclúe unha proxección de curtas, a obra de teatro “Sen combustible” e distintas actuacións musicais.

Lembrade que os boletíns de notas entregaranse o martes 25, ás 10:30, nas respectivas aulas.