Novas

Concurso de Blog´s do IES Laxeiro: Blogalízate!

BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Dende o principio deste curso, estivemos comprobando como moitos alumnos traballaron a prol do Galego  e das TIC´... agora e cando anunciamos: 

         Xa temos os nosos tres primeiros gañadores do I Concurso de Blog´s en galego!

1º premio: eoquepensoeninguenovaicambiar.blogspot.com ---->> Mónica Jacobo Torres (4º ESO )

2º premio: maiscercadacompeticion.blogspot.com ---->> Iván Álvarez Portela (4º ESO )

3º premio: belicgames.wordpress.com ---->> Miguel Castaño Gómez (1º Bacharelato)

 

aínda que estes foron os tres mellores, tamén chegaron a ser finalistas...

odiariodenayara.wordpress.com/ ---> Jasmín ( 4º ESO )

unsorrisonanenez.wordpress.com/ ---> Ana Belén ( 1º BAC )

lugaresfermosos.wordpress.com/ ---> Antía ( 1º BAC )

un saúdo, e vémonos para a entrega de premios!

Actividades -aprendizaxe Linguas estranxeiras. Convocatoria 2012

 

Inmersión lingüística ano 2012

S
olicitude de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras información


http://www.edu.xunta.es/axudasle

Relación de Libros de Texto do IES.Laxeiro para o curso 2011-2012

Pulícase o listado de Libros de Texto para o curso 2011-2012 no IES.Laxeiro de Lalín. Os listados da ESO coas súas diferentes modalidades de axudas, o listado de Bacharelato coas súas modalidades, listados de Ciclos Formativos Medios e Superiores e tamén da ESA de adultos, están presentes nesta información. A Dirección do IES.Laxeiro non se fai responsable do material non refrexado nestes listados.

Convocatoria de probas libres para obtención do título de graduado en Educación Secundaria

Con data de 11 de maio de 2011 saiu publicada no DOGA a Resolución do 22 de abril pola que se ditan as instrucións para a realización das probas para obtención do título de Graduado de Educación Secundaria. Os prazos de inscripción serán desde o día 16 ao 27 de maio para a convocatoria de xuño e o 1 e o 2 de setembro para a convocatoria do mesmo mes. Os días fixados para a realización das probas serán o 14 de xuño e 9 de maio respectivamente.No arquivo adxunto pdes consultar máis información

O IES: Laxeiro, 2º clasificado na Fase previa do Parlamento Xove

Seis alumnos/as de Bacharelato do IES.Laxeiro acompañados do profesor Manuel Igrexas acadan a 2ª posición na fase previa do Parlamento Xove. De venres a domingo diferentes centros competiron en aniomados debates na localidade coruñesa de Abegondo. O grupo de alumnos acudiran de novo o día 26 á Fase final na que de novo poden reverdecer ao éxitos acadados o ano pasado

O IES.Laxeiro acada o 1º Premio ao Proceso de Implantación ou Desenvolvemento da Axenda 21 escolar

Na Resolución do 26 de Outubro , publicada no DOG do 12 de novembro,a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta da Galicia ven de conceder ao IES. Laxeiro un premio de 1.200€ pola súa labor de implantación ou Desenvolvemento da Axenda 21 escolar en Galicia en centros educativos do ensino público non universitario correspondente ao curso 2009 - 2010.

O arquivo adxunto queda coma testemuña do éxito acadado e polo que felicitamos aos Departamentos que están desenvolvendo estas actividades e en nome de todos eles, profes e alumnos/as, ao Xefe do Departamento de Bioloxía  e Ciencias Naturais, Luís Jar, verdadeiro impulsor destas iniciativas.

A Comunidade do IES.Laxeiro séntese unha vez máis orgullosa pola labor que se está levando a cabo en tantos eidos educativos e polos que segue colleitando tantos éxitos. ¡NORABOA!

Acceso e matrícula aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPIs) para o curso 2010-2011 no IES.Laxeiro

No arquivos adxuntos podes informarte do proceso de admisión e matrícula para os Programas de Cualificación Profesional Inicial no curso 2010-2011 no IES. Laxeiro.

Admisión e matrícula de adultos para o curso 2010-2011 no IES.Laxeiro

 No arquivo adxunto podedes informarvos do calendario de admisión e matrícula tanto de Educación Secundaria coma de Bacharelato de adultos para o curso 2010-2011 no IES-Laxeiro

Convocadas becas e axudas para para niveis postobrigatorios non universitarios

 Dende o 5 de xullo ata o 30 de setembro está aberto o prazo para poder solicitar becas e axudas de estudos postobrigatorios. A solicitude deberase facer VIA ON LINE a través da páxina www.educación.es  e previamente o solicitante deberá rexistrarse coma usuario para poder tramitar a súa petición.

Nos arquivos adxuntos podedes obter información correspondente.

Éxito rotundo dos alumnos/as do IES.Laxeiro nas PAAU 2010

O 100% de alumnos de Bacharelato diurno do IES.Laxeiro veñen de superar as Probas de Selectividade que se celebraron en Santiago de Compostela. Sen dúbida un resultado que vén certificar que o camiño percorrido foi acertado.

A este feito hai que engadir que a maioría destes alumnos/as poderán acceder aos estudos desexados debido aos resultados acadados. Subliñar que algúns deles, sumando a nota ponderada da parte específica das Probas de Selectividade , chegan a ter notas de acceso superiores a doce que lles permitirán entrar en calquera carreira do Sistema Universitario Galego . Estas cualifcacións sitúan a algúns deles entre os mellores de Galicia e por suposto na Comarca do Deza.

Destacar entre todos eles a Paula Taboada Troitiño e Roi Gallego Fernández, que o vindeiro 9 de xullo acudirán ao Acto que terá lugar no Auditorio de Galicia e que servirá para premiar a aqueles alumnos/as que acadaron un nove ou superior na nota ponderada entre Bacharelato e as PAAU.

Dende esta páxina Web, fiestra do noso Instituto, tan só agradecer a todos/as o esforzo realizado e o ter deixado o pavillón da nosa Comunidade Educativa nun nivel tan alto.

 ¡GRAZAS, CHAVALES!

Distribuir contido