Skip to Content

NOVIDADES SUSPENSIÓN DAS CLASES

 

Dada a suspensión das clases presenciais decretada pola Xunta, estade atent@s ás noticias e publicacións desta páxina web.

O profesorado actualizará a información necesaria para continuar coa formación académica nas aulas virtuais, na plataforma E-Dixgal e nos apartados dos correspondentes departamentos didácticos desta web.

 

Si necesitades calquera aclaración ou documentación podedes contactar co centro nos correos seguintes:

 - ies.illadesaron.xove@edu.xunta.es

- sjul@edu.xunta.es

 

O teléfono de contacto en caso de emerxencia é: 699 857 847

 

IMPORTANTE:

Si alguén con contacto directo co centro (alumno/a, profesor/a, persoal non docente ou familiar directo) é positivo en coronavirus debe comunicalo por calquera dos medios dos que dispoñemos.

É importante que todos teñamos coñecemento destes casos si é que os hai.

Grazas

 

Actualizado ás 20:33 horas. 13/03/2020

Contratos programa: Actividade do mes de decembro

No mes de decembro realizamos varias actividades e / ou xogos, neste caso adaptadas aos contidos do currículo de cada curso.

As actividades desenvoltas por curso son as seguintes:

Contratos programa: Concurso de enigmas matemáticos

No mes de novembro organizamos o Concurso de enigmas matemáticos que sempre ten unha grande acollida por parte do alumnado.

O concurso é sinxelo: “Resolve os enigmas que hai no taboleiro da túa aula e gaña premios”.

Ten dúas categorías: unha para os cursos 1º e 2º de ESO, e outra para 3º e 4º de ESO.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Aprender a xogar coas matemáticas.
  • Fomentar a investigación.
  • Aumentar a capacidade crítica.

Contratos programa: Preguntas de enxeño

Dentro do proxecto “Contratos-Programa 2019-2020" para adquirir e mellorar a competencia matemática levamos a cabo, mes a mes, diferentes actividades que iremos detallando a medida que se vaian realizando.

Durante o mes de outubro estivemos traballando con “Preguntas de enxeño”. Trátase de preguntas con dobre sentido, cuxas respostas son moi fáciles de averiguar, sempre e cando, entendesen ben o enunciado.

Axudas para actividades de formación en linguas extranxeiras

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

O pasado 26 de febreiro publicouse so DOG a Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Tede en conta que  o prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Podes obter máis información consultado o seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30366

Charla informativa sobre agresións e violencia sexual

Onte luns, día 17 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu a unha charla informativa sobre Agresións e violencia sexual impartida por Angélica Mercado e promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade dentro do Plan Proxecta 2019-2020: Por 365 días de respecto e igualdade.

Angélica Mercado, especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade falounos polo miúdo sobre como identificar actuacións que poden ser consideradas como situacións de agresión e violencia sexual e, ao mesmo tempo, ensinounos estratexias que nos poden axudar a detectar todas estas situacións que van en contra da nosa integridade afectiva-sexual. Alén disto tamén nos deu algunhas claves para aprender a dicir NON e a aceptar ese NON, facendo especial fincapé en que o consentimento ha de ser libre, afirmativo, específico, consensuado e reversible.

Deixámosvos algunhas fotografías de distintos momentos da charla.

Semana Branca - Andorra V

O venres, o noso último día da Semana Branca en Andorra, amenceu soleado e gozamos doutro espléndido día de sol.

Asistimos ao curso de esquí e snow e recollemos os diplomas.

Tras o xantar puidemos esquiar pola nosa conta ata as 15:00h.

Despois de devolver o material de esquí, pasamos polo hotel para darnos unha ducha rápida, recoller as nosas maletas e emprender viaxe cara a Xove. Saímos moi cansos pero á vez moi satisfeitos dunha semana de deporte e convivencia da que, con seguridade, nos lembraremos durante moito tempo.

Agárdanos unha longa viaxe e esperamos chegar ao IES Illa de Sarón sobre as 10:00-11:00 da mañá do sábado día 8.

Semana Branca - Andorra IV

A xornada do xoves transcorreu dentro da normalidade, tivemos que visitar a enfermería, pero nada grave.

Erguémonos cedo, almorzamos e subímos ás pistas. O sol foi xeneroso con nós, ao igual que toda a semana.

O alumnado asistiu ao curso de esquí e hai quen xa domina a técnica marabillosamente. Houbo tamén quen pretendía quedar na cafetería toda a mañá, mais finalmente foi e regresou encantad@.

Despois de xantar, coma todos os días, houbo tempo para esquí libre polo Tarter.

Parece que, por fin, ao 100% lles gusta este deporte de inverno.

De volta á cidade pola tarde, e despois dunha boa ducha, paseamos polo centro urbano e realizamos ás últimas compras.

Despois de cear, organizamos as quendas das duchas do venres antes de sair cara Xove e voltamos ao centro para ver a cidade nocturna.

Agora xa só queda preparar as maletas e repoñer forzas para afrontar o último día en Grandvalira, Soldeu-el Tarter.

Semana Branca - Andorra III

A xornada do mércores transcorreu sen novidade. Bo tempo, boas condicións de neve, moita ilusión e novas sensacións ao descubriren novas pistas. E sen lesións, que é moi importante!

Pola tarde noite saímos por Andorra pasear e facer algunha compra.

Xa pola noite, despois de cear, repuxemos forzas para afrontar a xornada do xoves.

Seguiremos informando...

Semana Branca - Andorra II

Esta mañá de martes amenceu cunha temperatura máis alta do normal para esta época do ano, mais tamén con moito vento que foi amainando ao longo da mañá.

O alumnado despois de erguerse ás 07:00h asistiu ao curso de esquí e  segue aumentando o seu dominio e a súa capacidade para superar novos retos.

O cansazo segue estando presente, mais tamén a ilusión por mellorar neste deporte fan que non se decaten das maniotas e que todo sexa máis levadeiro.

Rematamos a xornada no Centro Termal CALDEA onde relaxamos os músculos e compartimos dúas extraordinarias horas.

Todo segue o seu ritmo normal!!!

Deixamos algunhas fotos.... e seguiremos informando.

Distribuir contido


by Dr. Radut