Skip to Content

DATAS DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES DO CURSO 2017/18

PROGRAMA CATUXA: ENCONTRO FAMILIAS E PROFESORADO

O programa Catuxa de sensibilización sobre a  violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes para o alumnado de 3º e 4º da ESO dos IES públicos da Mariña Lucense,  convida a familias e profesorado a participar nun encontro sobre violencia de xénero en adolescentes no IES Perdouro de Burela o día 15 de maio.

 

 


ACTIVIDADES FORMATIVAS STEMWEEK EN LINGUA INGLESA

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria da actividade formativa STEMweek, dirixida á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM.

A actividade terá carácter gratuíto para as familias. 

- ALUMNADO 3º - 4º ESO  (200 PRAZAS)

- ESTADÍA NO CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE(CRD) da Coruña

 

DATAS DA ESTADÍA: 

  • 1º QUENDA: 25-31 AGOSTO
  • 2º QUENDA: 1-7 SETEMBRO

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 30 ABRIL ao 30 DE MAIO DE 2019, ambos os dous incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

DISCURSHOW PE NO PEDAL!

 

 REPRESENTACIÓN PARA O ALUMNADO DO

  IES ILLA DE SARÓN

 E

 IES MARQUÉS DE SARGADELOS

    

VENRES 12 ABRIL 12:30

 CASA DA CULTURA DE SAN CIBRAO

 

FALAMOS DA ESCOLA FUNDACIÓN ABANCA

Coa finalidade de fomentar as relacións interxeracionais, a entidade ABanca puxo en marcha neste curso, a actividade "Falamos da escola" mediante a que o  alumnado  de 4º de ESO, coñece a través da experiencia das personas maiores a historia da educación en Galicia. 

 

 

ENCONTRO COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

A escritora burelesa, Antía Yáñez, gañadora do Premio de Narrativa Illa Nova 2018,  pola súa novela Senlleiras, visita a Biblioteca do IES Illa de Sarón.

O alumnado sentía moita curiosidade por coñecer a esta escritora tan xoven, con orixes moi próximos a Xove e preguntarlle pola súa vocación de escritora, e outros aspectos da súa biografía. 

Por suposto pedir a firma de exemplares dos seus libros, era algo obrigado. 

 

BECAS TDHA INGADA-FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

O venres 29 de marzo asistimos ó  acto de entrega da V Beca TDHA Ingada-FMJJ, e á presentación dos resultados do Programa Formativo para o tratamento do alumnado con TDAH 2018-19, ó que asistieron profesores de Educación Primaria, ESO, Bachillerato y FP de toda Galicia.

Dulce Mª López Gasalla, profesora de Pedagoxía Terapéutica e Xefa de estudos do IES Illa de Sarón, atopábase entre as 5 finalistas de toda Galicia. Optaba a esta Beca co Proxecto: "Traballando coas mans, outra maneira de aprender".

 

 

 

ALUMNADO FRANCÉS DE INTERCAMBIO EN XOVE

Un grupo de alumnos/as do Collêge Lucie Aubrac da poboación francesa de Villemandeur están convivindo durante a semana do 24-30 de marzo coas familias do alumnado de 3º e 4º de ESO do IES Illa de Sarón. Todos e todas están desfrutando moito con esta experiencia.

O alumnado de Xove visitará Villemandeur do 27 de abril ao 4 de maio.

 

OBRADOIROS DE POESÍA CON MARÍA MÍGUEZ, POETA E ILUSTRADORA

Temos a sorte de contar entre o profesorado do Illa de Sarón, con María Míguez, poeta e ilustradora coruñesa, que nos agasallou con exemplares dos seus libros para a Biblioteca escolar. 

Coincidindo coa celebración do MES DA POESÍA, María impartirá catro Obradoiros de poesía e ilustración ao alumnado de tódolos cursos da ESO. 

 

 

 

OBRADOIROS PROGRAMA CATUXA PARA ADOLESCENTES

O programa CATUXA, de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes destinado á poboación adolescente, realizou o  dia 22 de marzo, dúas actividades dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de ESO do IES Illa de Sarón. 

Estas actividades enmárcanse nunha acción integral dirixida á comunidade educativa dos concellos integrantes da Mariña Lucense que aborda a educación e concienciación en materia de igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero nas súas difrentes manifestacións.

As actividades seleccionadas polo centro foron:

  • Taller de Intelixencia emocional, social e habilidades persoais,  dirixido ó alumnado de 3º ESO
  • Desmontando o mito do amor romántico, dirixida ó alumnado de  4º ESO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut