O día 2 de maio,os alumnos de 4 de Eso realizaron unha visita á cidade de Ourense.
Comezamos a visita nas Burgas,para coñecer a oroxe da cidade e a súa riqueza termal (mesmo nos atrevemos a comprobar de primeira man a temperatura da auga). Seguimos o percorrido pola Praza Maior (a que ten a maior pendente de España), o edificio que alberga o Museo Arqueolóxico,a igrexa de Santa María Nai, e continuamos por outros recunchos da cidade vella, como o Liceo (palacio do S.XV no que se levan a cabo todo tipo de actividades culturais) e a Praza do Ferro,así chamada por ser o lugar de traballo dos Ferreiros da cidade.A través desta visita guiada,os alumnos puideron coñecer de primeira man o entramado urbanístico dunha cidade medieval.
Deixamosvos unhas fotos.