A biblioteca é unha institución democrática aberta a toda a comunidade educativa polo que todos debemos responsabilizarnos da mesma.
O equipo da biblioteca quere facer un esforzo para que os servizos e a convivencia dentro da mesma sexan os mellores posibles, polo que se estableceron as seguintes normas:
HORARIO E INSTALACIÓNS
· Poderás estar na biblioteca durante o tempo de lecer: 10:30-10:50 e 12:30-12:50 horas. Fóra deste horario, a biblioteca só funcionará cando se atope un profesor de garda na mesma.
· Ten presente o horario da biblioteca e non esperes ata o último momento para solicitar o préstamo dos libros.
CONSULTA E USO DOS FONDOS
· O servizo de préstamo e devolución só será posible no tempo de recreo a través do programa Meiga, utilizando o carné de usuario da biblioteca.
· Debes manipular os documentos con coidado e non deterioralos con tinta, pegatinas, tesoiras…
· En caso de dúbida á hora de colocar un libro, consulta co bibliotecari@ e cos axudantes da biblio!
ORDENADORES
· Os ordenadores utilizaránse con orde, tendo preferencia os traballos e non os xogos.
· Está prohibido cambiar a configuración dos ordenadores, executar ou instalar programas sen permiso do encargado dos mesmos.
· Non podes gardar nada no ordenador xa que se eliminará cando este se apague.
· O ordenador de xestión da biblioteca é para uso exclusivo do equipo de biblioteca e colaboradores.
RECOMENDACIÓNS XERAIS
· A biblioteca é un lugar de lectura e estudo pero tamén un recuncho para intercambiar opinións, dialogar, xogar aos xogos de mesa que temos, participar nas distintas actividades e desfrutar do rincón informal que temos...
· É necesario que deixemos o mobiliario limpo, recollido e ordenado.
· Como usuario, non debes comer nin beber, agás auga embotellada.
· Calquera papel ou lixo xerado na biblioteca deberá ser depositado nas papeleras.
· Debes seguir as indicacións do personal da biblioteca; no caso contrario, este poderá solicitarche que abandones as instalacións anotando unha falta; no caso de ter TRES faltas , se che prohibirá o acceso á biblioteca durante UNA SEMANA.