Skip to Content

Inglés

Cursos Cuale 2024-2025

O Departamento de Inglés informa que no noso centro impártense os cursos Cuale de preparación para a acreditación do nivel de Inglés nas Escolas Oficiais de Idiomas, segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). Tedes a información resumida no folleto que acompaña a este anuncio. Están abertos para alumnado de 3º, 4º de ESO e de ciclos de FP de grao medio.

A pre-matrícula xa está aberta na Secretaría do centro. O alumnado interesado pode solicitar máis información escribindo ó email: inglessaron9@gmail.com

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43080

No ficheiro adxunto atoparas o formulario de preinscripción.

Halloween vs Samaín

Halloween

O departamento de inglés xunto co departamento de galego propuxo ao alumnado de 2º da ESO facer un traballo de investigación no que os alumnos tiñan que comparar as festividades de Halloween e Samaín dentro da cultura inglesa e a cultura galega. Os rapaces fixeron un mural onde reflexaron as similitudes e diferencias das dúas festividades, e incluso crearon debuxos relacionados con ditas festividades.

Certificación en Linguas Estranxeiras

O Departamento de Inglés informa da convocatoria por parte da Consellería da:

Xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24 (4º ESO e Ciclos Formativos).

As probas corresponderanse co nivel B1, B2 ou C1 do MCERL (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas) e realizaranse durante o curso 2023/24.

O alumnado interesado debe comunicarllo ó profesorado de Inglés do centro o antes posible (ata o 20 de Outubro) para tramitar as solicitudes.

Tedes a información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41160

Horario Cuale A1 - A2 - Aula 6 (1º ESO)

Programa de Becas - Fundación Amancio Ortega

O Departamento de Inglés do IES Illa de Sarón informa que o 4 de Setembro comezou o prazo para solicitar as becas da Fundación Amancio Ortega, dirixidas a alumnado de 4º de ESO interesado en estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Hai 70 prazas para Galicia, e o alumnado aspirante debe ter un 8 (como mínimo) de media en 3º de ESO. O prazo de inscrición é ata o 27 de Setembro ás 13:00 horas.

O enlace web é: https://becas.faortega.org/

Animámosvos moito a solicitalas se reunides os requisitos – é unha experiencia moi enriquecedora e positiva para a vosa formación.

Cursos Cuale 2023-2024

O Departamento de Inglés informa que fomos seleccionados para impartir os cursos Cuale A1 e A2 de preparación para a acreditación do nivel de Inglés segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). Tedes a información resumida no folleto que acompaña a este anuncio.

A matrícula xa está aberta na Secretaría do centro, ata o día 15 de Setembro. O alumnado interesado pode solicitar máis información escribindo ó email: inglessaron9@gmail.com

Podes descargar o folleto informativo desde a seguinte ligazón.

Podes descargar o formulario de matrícula desde a seguinte ligazón.

Distribuir contido


by Dr. Radut