O locutor de Radio Lugo Paco Nieto ofreceu unha charla didáctica, O valor da nosa voz, ao alumnado de 1º de ESO. Falounos sobre a importancia dos matices e tons na voz e puidemos escoitar gravacións de personaxes históricos (Castelao, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Manuel María...) así como fragmentos de programas radiofónicos.