Skip to Content

Ciencias Naturais - F.Q.

CADERNO DE VIAXE CANTABRIA- BURGOS ALUMNADO 4º ESO

CHAPAS ELEMENTOS QUÍMICOS

O alumnado de 4º de ESO, aproveitando o estudo da táboa periódica e os coñecementos adquiridos sobre as propiedades dos elementos químicos, deseñaron unha chapa co nome, símbolo e propiedade relevante dun elemento, escollido por cada un deles. 

Aquí deixamos as imaxes que amosan a creatividade do noso alumnado e o orgullosos que están dos seus deseños! 

A Química é a resposta!

Durante este trimestre na materia de Física e Química, o alumnado de 3º de ESO abordará os contidos de Química. A través da realización de post científicos, trataron de dar resposta de forma rigorosa e creativa, a diferentes cuestións que xurden na realidade cotiá, onde están presentes reaccións químicas.

Aquí vos deixamos algunha mostra deste traballo, que titulamos: A Química ten a resposta!

 

 

Viaxe a Cantabria e Burgos do alumnado de 4º de ESO

O Departamento de Ciencias da Natureza do Illa de Sarón organizou unha viaxe a Cantabria e Burgos para o alumnado de 4º de ESO.

O día 3 de abril visitamos a cova de El Soplao, o concello de Comillas, que sorprende pola súa arquitectura modernista e Santillana del Mar onde destacan a colexiata  de Santa Xuliana e a cova de Altamira, considerada a capela Sixtina do arte prehistórico. 

O seguinte día, 4 de abril, estivemos no Museo da Evolución Humana, con percorrido polo Paleolítico Vivo, unha experiencia de inmersión na prehistoria mediante a contemplación de paisaxe e fauna. Pola tarde realizamos un percorrido en tren turístico polo casco histórico de Burgos, incluída a súa impresionante catedral gótica, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Xa de volta para Xove, fixemos unha pequena parada en León con visita ó Convento de San Marcos.

Os virus non só afectan ó ser humano!

Micólogos expertos

O pasado venres o alumnado de 1° da ESO analizou os principais fungos presentes nas zonas verdes do centro. Son micólogos expertos!

ITINERARIO VIAXE CULTURAL A OURENSE ALUMNADO 4º ESO

NORMAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEPARTAMENTO CCNN

Buscando a Rosalía

O Concurso "Buscando a Rosalía", resolver retos e superar probas recaeu no equipo formado por: Silke Iglesias, Miguel Fra e Noah Posada.

TAREFAS VIRTUAIS DEPARTAMENTO DE CIENCIAS DA NATUREZA

Debido á suspensión das clases presenciais decretadas pola Xunta de Galicia, nos vindeiros días:

  • O alumnado de 1º de ESO pode realizar o seu traballo principalmente a través da Plataforma E-Dixgal:

https://eva.edu.xunta.gal/login/index.php

 

  • O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO pode realizar o seu traballo principalmente a traves da Aula Virtual do IES Illa de Sarón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesilladesaronxove/aulavirtual/login/index.php

 

Calquera dúbida respecto ás tarefas programadas se responderá no FORO DE NOVAS das aulas virtuais ou enviando un correo electrónico ó profesorado a través de ambas plataformas.

Grazas a tod@s por colaborar!

#quedatenacasa #euquedonacasa

 

Distribuir contido


by Dr. Radut