Relacionado coa exposición de plantas aromáticas i especias, desenvolvida no Centro durante o mes de maio, da que informamos fai uns días, varios profesores elaboraron un libro no que se recolle unha moi detallada información, acompañada de material fotográfico e cartográfico, sobre as plantas aromáticas, as especias, plantas silvestres do contorno de Xove, aceites esenciais, esencias e vinagres. Inclúe tamén información sobre as plantas medicinais na historia e o comercio das especias, e remata con imaxes da exposición realizada no Centro.
Os profesores participantes neste libro, que será tamén publicado pola Diputación de Lugo, son: Oliva Cabaleiro Riveira, Ramón Casas Oroza, Charo Diez Álvarez e Lucía R. Mourelos. A portada do libro foi deseñada por Xoán Guerreiro.
Podes descargar o libro completo desde este enlace. Son 42 megas en formato pdf. Se o queres gardar pulsa co botón dereito > gardar como.