Skip to Content

Tecnoloxía

Excursión ao Centro Internacional de Investigación de Sistemas Autónomos Avanzados

Excursión ao Centro Internacional de Investigación de Sistemas Autónomos Avanzados no Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas, organizada en colaboración coa Axencia Galega de Innovación.

Os alumnos da 4º ESO tiveron a oportunidade de observar de preto os vehículos autónomos, entender sobre o seu funcionamento e coñecer os proxectos de investigación en curso, incluíndo aqueles destinados ao desenvolvemento de vehículos non tripulados específicos para situacións de emerxencia.

Esta visita forma parte do programa 'Fly The Future', dedicado a espertar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre os estudantes de educación secundaria.

Deixamosvos unhas fotos da viaxe:

Concurso de robótica

O alumnado de 4º de ESO e do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes participou o día 12 de Febreiro no VI Concurso de Robótica organizado por Igaciencia e celebrado  na sede da Fundación Pedro Barrié  en Coruña.

Pola mañá os alumnos/as participantes  no concurso e os alumnos/as de 1 º PCPI visitaron a Casa das Ciencias. 

ucerecedo's Robotica 2014 album on Photobucket

Web de tecnoloxía

Fai clic neste enlace para acceder á web de tecnoloxía, onde atoparás exercicios online e enlaces a moitas cousas interesantes.
Distribuir contido


by Dr. Radut