O departamento de inglés xunto co departamento de galego propuxo ao alumnado de 2º da ESO facer un traballo de investigación no que os alumnos tiñan que comparar as festividades de Halloween e Samaín dentro da cultura inglesa e a cultura galega. Os rapaces fixeron un mural onde reflexaron as similitudes e diferencias das dúas festividades, e incluso crearon debuxos relacionados con ditas festividades.