Skip to Content

RESUMO CRITERIOS PROMOCIÓN E TITULACIÓN

No arquivo adxunto pode consultar  un extracto dos CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN aprobados no IES Illa de Sarón e que figuran no Proxecto Educativo.

PRAZO DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS 2018 -19

ABERTO PRAZO DE INSCRICION EN CICLOS FORMATIVOS: 25 XUÑO-3 XULLO

PRAZO extraordinario: 3-11 SETEMBRO

CONSULTA O  CALENDARIO DE ADMISIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO

COÑEZA A OFERTA FORMATIVA DO ILLA DE SARÓN NO ARQUIVO ADXUNTO

 

Mais información

CALENDARIO EXAMES FINAIS CICLOS FORMATIVOS XUÑO 2018

Consultar nos arquivos adxuntos as datas dos exames finais do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes e do Ciclo Superior de Programación da produción en moldeo de metais e polímeros.

O ALUMNADO DO CICLO SUPERIOR DE METAIS E POLÍMEROS VISITA EMPRESAS DO SECTOR

O alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Programación da produción en metais e polímeros realizaron unha visita por distintas empresas do sector de Fabricación mecánica, ubicadas no entorno da Mariña Lucense.

En Muras, visitaron as instalacións de FERROPLAST, empresa de fabricación de produtos plásticos destinados á construción;TEPSA,Técnica de envases pesqueros, que fabrica produtos de polietileno de alta densidade para a pesca e acuicultura.

En Villalba visitaron a empresa de mecanizado de pezas, Mecanizados Vallejo.

No polígono de Fazouro, visitaron a empresa KSINS, adicada á construción de embarcacións pesqueiras en fibra de vidrio de alta resistencia e a empresa POLIMAR, que fabrica caixas de poliestireno para alimentación e transporte de material delicado.

 

ROTEIRO HISTÓRICO MATEMÁTICO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

As profesoras de Historia e Matemáticas do centro organizaron unha visita a Santiago de Compostela para o alumnado de 1º e 2º de ESO.  Durante esta visita percorreron a zona histórica da cidade nun Roteiro Matemático, realizando unha visita guiada á Catedral de Santiago e ó Museo do Pobo Galego.

 

 

EXPOSICIÓN DIDACTICA NO ILLA DE SARÓN: O POLBO E O SEU ECOSISTEMA

Con motivo do programa Xove mirando ó mar, e a celebración da XVII Festa gastronómica do Polbo da Pedra, que se celebrou en Xove no mes de marzo, deseñáronse unha serie de  7 carteis  que recollen información sobre "O polbo e o seu ecosistema".Esta exposición permanecerá no noso centro ata o 18 de  xuño. 

O alumnado de 1º e 2º de ESO cubriron un cuestionario sobre habitat, reprodución e outras, curiosidades sobre  este cefalópodo,  buscando a información  na exposición, situada on 1º andar do instituto. 

No mes de abril tamén tivemos no instituto a exposición "O percebe e o seu ecosistema" realizada dentro do mesmo programa. Ambas exposicións son moi interesantes, están gustando moito tanto a alumnado como a profesorado e poden visualizarse no seguinte enlace.

 

 

PRACTICA DE SURF NA PRAIA DE ESTEIRO

O Departamento de Educación Física do centro organizou un CURSO DE INICIACIÓN Á PRÁCTICA DO SURF para o alumnado de ESO, aproveitando que en Xove contamos cunha das mellores praias da Mariña para a práctica deste deporte.

 

PROXECTO TERRA: VIAXE ALUMNADO DE 4º ESO A GUIMARAES

O alumnado de 4º de ESO realizou xunto con alumnado do IES Marqués de Sargadelos, unha visita de  2 días a Guimaraes. Coñeceron  o centro histórico da localidade, a area de rehabilitación de Couros e visitaron a área de interés arqueolóxico, Citania de Briteiros. Esta actividade puido realizarse grazas á  participación no programa Proxecto Terra promovido polo colexio de arquitectos de Galicia. 

 

EXPOSICIÓN MICRORREDES 2018: MULLERES DE HOXE EN DÍA

Os traballos realizados polo alumnado do IES Illa de Sarón para formar parte da exposición Microrredes 2018, xa están colocados na entrada do centro educativo.

Trátase dunha serie de carteis de MULLERES DE HOXE EN DÍA: Mulleres que traballan en sectores con maior incidencia ou presencia masculina.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut