Con motivo do día 25 de novembro realizaronse no IES Illa de Sarón varias actividades de concienciación do alumnado, coa finalidade de previr condutas de violencia de xénero entre os xóvenes.Todos debemos implicarnos en condenar, repulsar e denunciar a violencia.
O día 22 de novembro a psicóloga Raquel Graña grabou cos nosos alumnos/as de ESO unha curtametraxe en contra da violencia de xénero que se pode visualizar no seguinte enlace.
Os alumnos/as deixan a súa mensaxe por medio dun alfabody.
- O alumnado de 4º de ESO colgou nas paredes e na entrada do centro, varios textos usados na elaboración da curtametraxe realizado no taller de Igualdade con Raquel Graña.
- O alumnado de 1º de ESO traballou na materia de Educación Plástica coa Guía de los buenos amores, publicada polo Consello da Xuventude de Navarra. Esta guía trata de fomentar o bo trato e previr a violencia de xénero nas relacións entre adolescentes. Realizaron debuxos en cartulina con mensaxes en contra da violencia, que colgaron na entrada do centro.
- O alumnado de 4º de ESO seleccionou unha serie de vídeos musicais con mensaxes antiviolencia que se visualizaron durante os tempos de lecer na zona de proxección do centro, Vídeo Sarón.
- O equipo de Biblioteca montou unha exposición na entrada do centro con materiais recomendados para a prevención da Violencia de Xénero.
- O luns día 27 de novembro pechamos as actividades coa charla de Marta Engroba, presidenta da asociación Si Hai saída, de apoio ás vitimas da violencia machista, que estivo no IES Illa de Sarón para impartir unha charla titulada "Machismo. Unha lacra social", ó alumnado de 1º e 2º de ESO.
Xián e Nerea aproveitaron a visita de Marta Engroba ó noso centro para facerlle unha entrevista que incluiremos no concurso Escola de Prensa do diario El Progreso.