Skip to Content

Letras Galegas 2011

LETRAS GALEGAS 2011

LOIS PEREIRO


Preme no reprodutor para escoitar o programa de Radio Sarón dedicado a Lois Pereiro, realizado polos alumnos e alumnas de 4º de PDC.

O 6 de maio imos ao Correlingua!

O venres 6 de maio das 10 ás 14:30 horas imos ao Correlingua en Burela!

 

O Correlingua é unha actividade que se celebra desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 14 vilas de Galicia, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos.

As entidades organizadoras veñen realizando esta actividade escolar como proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego. Para este ano elexiuse como lema da actividade “En galego sempre somos", sinalando a importancia da lingua como mellor vehículo de expresión.

Recursos educativos para Lingua Galega

 

 

Aquí tedes unhas cantas ligazóns a sitios web con recursos educativos que vos poden ser útiles nas clases de Lingua Galega:

Dicionario en liña

Enciclopedia Galega Universal

Tradutor español-galego-español

Aplicacións web

Programa nº 2.

Alumnos do Ciclo de Informática SMR.

Prema no enlace para escoitalo:

Aplicacións web.

Lexislación Educación Secundaria Obrigatoria en Galicia.

lexislación ESODentro da sección Profesorado>Lexislación iremos poñendo os enlaces as distintas Ordes e Decretos relacionados coa Educación Secundaria Obrigatoria. Para empezar engadimos a Lexislación da Educación Secundaria Obrigatoria, na que se inclúe:

O Curriculo da Educación Secundaria Obrigatoria 
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación
secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 13 de xullo de 2007)

* Competencias Básicas

* Currículo das Materias

* Proxecto lector de Centro

* Plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación

* A avaliación na educación secundaria obrigatoria

* Programas de diversificación curricular na educación secundaria
obrigatoria.

* A avaliación diagnóstica

Podes acceder directamente desde este enlace. Tamén podes velo na sección de Lexislación.

Distribuir contido


by Dr. Radut