Skip to Content

Concurso mensaxes de amor

 

 

 

 

 

BASES DO CONCURSO:

 

 

1. O certame consiste na elaboración dunha declaración de amor en lingua galega.

 

2. Poderá participar todo o alumnado da ESO , PCPI e Ciclos.

 

3. A declaración deberá ser orixinal e inédita e non debe superar os 350 caracteres (incluídos espazos en branco). Poderán estar escritas en prosa ou verso . A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo.

 

4. As mensaxes serán enviadas como comentarios a esta noticia na páxina web do centro (tedes que acceder á páxina co nome de usuario alumno e contrasinal alumno, e non esquezades poñer o voso nome ao final da mensaxe).

 

5. Establecerase un máximo de cinco mensaxes por concursante.

 

6. Haberá tres gañadores que recibirán como agasallo un vale dunha libraría de Xove, que poderán gastar en material escolar, libros, recargas para móbiles, etc. O gañador recibirá un bono de 30€, o 2º clasificado, un de 20€ e o 3º, de 10€.

 

7. As declaracións gañadoras publicaranse na páxina web do centro.

 

8. A data límite de envío é o 22 de febreiro.

 

9. O xurado estará composto polo profesorado integrante do Equipo de Dinamización e Normalización.

 

10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!

 

 

 

 

 


O ALUMNADO DO IES ILLA DE SARÓN VISITA O MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA (MUNCYT)

 

O alumnado de 3º e 4º de ESO do IES ILLA DE SARÓN visita o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) na súa sede da Coruña e a exposición itinerante "Human Bodies: The exhibition" unha viaxe ó interior do corpo humano con 150 órganos individuais e 12 corpos completos.

O ALUMNADO DO IES ILLA DE SARÓN VISITA O MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA (MUNCYT)

CONVOCATORIA ORDINARIA DE PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES. ANO 2013

 

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG do 21 de xaneiro de 2013 a resolución pola que se convocan para o ano 2013 as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo, de acordo co establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


PRAZO DE INSCRICION PARA A PROBA:

  - GRAO SUPERIOR:  28 de xaneiro ao 8 de  febreiro

    - GRAO MEDIO: 25 de febreiro ao 8 de marzo

PROBAS DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO CURSO 2012-13

Resolución do 2 de xaneiro de 2013 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao curso 2012/13

 DATAS DE CELEBRACIÓN DA AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO: 

 4º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA

 - días 23 e 24 de maio de 2013 

 2º CURSO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

 -  días 28 e 29 de maio de 2013 

As competencias básicas que se avaliarán serán a competencia en comunicación lingüística, a competencia matemática e a competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico


 -  Informe de resultados da Avaliación de Diagnóstico de Galicia 2010/2011

 -   Informe de resultados da Avaliación de Diagnóstico de Galicia 2011/12

 -  A orde do 6 de outubro de 2010  pola que se regula  o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da  Comunidade Autónoma de Galicia.


Páxinas web dos alumnos de 2º de SMER

Aquí tedes as páxinas web feitas polos alumnos de 2º do ciclo de informática. Fixémolas no módulo de Aplicacións Web empregando un editor online HTML5. Tamén fixemos outras empregando o xestor de contidos Joomla!, pero non atopamos un servidor gratuíto que soportase a versión 3.x. Se queredes velas teredes que vir á nosa clase.

 

Álex Bartomeu: Mago de Oz

Damián Fernández: NBA

Martín García: Fotos de deportes

Yaiza Parapar: Cidades do mundo

Cindy Polo: París

 

Moitas grazas por visitarnos!!!

COMEZO DO CURSO ESCOLAR NO IES ILLA DE SARÓN

                                     

LUNS 17 DE SETEMBRO

ESO e PCPI 9:00- 14:30 horas, con clases normais para todo o alumnado, de acordo co horario que nese mesmo día se entregará a cada alumno e alumna.

 

CICLO MEDIO DE INFORMÁTICA: Presentación ás 11:00 horas.

 

CICLO SUPERIOR de Programación da producción en  moldeamento de metais e polímeros : Presentación ás 18:00 horas.

CICLO FORMATIVO SUPERIOR DE "PROGRAMACIÓN DA PRODUCCIÓN EN MOLDEAMENTO DE METAIS E POLÍMEROS" (200O HORAS)

 O IES "Illa de Sarón" aumenta a sua oferta formativa coa posta en marcha do Ciclo Formativo de Grao Superior "Programación da producción en moldeamento de metais e polímeros".

Trátase dun ciclo da familia de Fabricación mecánica orientado á formación de operarios de produción específicos para plantas de fundición e modelaxe, tanto no sector metalúrxico como de polímeros.

Este ciclo único en Galicia, ofertase no rexime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular). 

Este ciclo ven unirse ao PCPI de Informática e ao Ciclo Medio de Sistemas microinformáticos e redes, para completar a oferta formativa deste centro para o curso 2012/13.

O prazo de preinscripción para todos estes estudios remata o día 2 de xullo de 2012 en periodo ordinario, pero haberá un periodo extraordinario entre 3 o 12 de setembro.

Letras Galegas.

A conmemoración do Día das Letras Galegas tivo moito éxito e sobre todo axudounos a saber máis de Valentín Paz Andrade. Estes foron os actos:

 

Semana do 14 ao 17 de maio

 

-Exposición de carteis onde se mostran as facetas máis importantes da vida e tarefas de Valentín Paz Andrade.

-Elaboración do Vídeo “Valentín Paz Andrade na actualidade” e exposición no centro.

-Exposición do vídeo elaborado pola coordinadora de equipos de normalización e ademais, o alumnado, debía responder por escrito a cuestionarios relacionados co tema.

-Elaboración de power-poin onde se mostran imaxes alusivas ao poema: “cando ti volvas polo mare”

- Participación no Correlingua que este ano se celebrou en Viveiro o 16/05/2012.


Fotos Libros...


Fotos Correlingua 2012...

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A conmemoración do Día das Letras Galegas tivo moito éxito e sobre todo axudounos a saber máis de Valentín Paz Andrade. Estes foron os actos:

 

8 de MARZO

Conmemoramos o “Día da muller” proxectando a película “En tierra de hombres” e traballamos nunha unidade didáctica relacionada con ela.

Excursión a Mondoñedo

“Simbad”

Todo o alumnado do IES foi a Mondoñedo para ver a obra “Simbad” baseada no libro de Cunqueiro “Se o vello simbad volvese ás illas”.

Pasámolo ¡guai!


Fotos...

Distribuir contido


by Dr. Radut