Skip to Content

MATRÍCULA EDUCACIÓN SECUNDARIA CURSO 2015-16

PRAZO DE MATRÍCULA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO):  26-30 DE XUÑO.

 

A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA MATRICULARSE RECÓLLESE NO DOCUMENTO ADXUNTO.

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE OS LIBROS DE TEXTO

Consultar toda a información no seguinte documento.

CALENDARIO DE AVALIACIÓNS FINAIS 2014-2015

E.S.O

Remate das clases: Día 19 de Xuño

Avaliacións finais: Día 22 de Xuño

 

2º PCPI

Remate das clases: Día 19 de Xuño

Avaliación final ordinaria (2º cuadrimestre): Día 22 de Xuño

 

CICLOS FORMACIÓN PROFESIONAL

1º SMER:

  • Remate das clases: Día 19 de Xuño
  • Avaliación final: Día 22 de Xuño

 

2º SMER:

  • Remate das clases: Día 19 de Xuño (Alumnado con módulos pendentes)
  • Avaliación final: Día 22 de Xuño

 

1º FP Básica:

  • Remate das clases: Día 19 de Xuño
  • Avaliación final ordinaria: Día 22 de Xuño

 

CS PROGRAMACIÓN DA PRODUCCIÓN EN MOLDEO DE METAIS E POLÍMEROS (réxime adultos):

  • Remate das clases: Día 19 de Xuño
  • Avaliación final: Día 22 de Xuño

 

ENTREGA DE NOTAS:

ESO, PCPI, SMER, FP Básica: Día 24 de Xuño ás 11:00 Horas

CS PPMMP: Día 24 de Xuño ás 18:00 Horas

 

RECLAMACIÓNS:

ESO, PCPI, SMER, FP Básica: Días 25-26 de Xuño (10:00 - 13:00)

CS PPMMP: Días 25 de Xuño (17:30 - 20:30) e 26 de Xuño (10:00 - 13:00)

 

RESOLUCIÓN: 29 DE XUÑO

HABITOS SAUDABLES NO IES ILLA DE SARÓN

 Durante o mes de maio o Departamento de Ciencias da Natureza do IES Illa de Sarón en colaboración cos Departamentos de Orientación, Educación Física e o equipo de Biblioteca organizaron un PROGRAMA DE HÁBITOS SAUDABLES no que participa toda a Comunidade Educativa.

 

O xoves día 7 de maio  PREPARAMOS COMIDA SAUDABLE!.  O alumnado de 1º e 3º de ESO prepararon varios menús para que o resto dos compañeiros degustasen durante o tempo de lecer uns pratos sinxelos pero moi saborosos. Todos/as quedaron encantados coa actividade. Aí tedes algunha das imaxes dese día.

 

O menú con mais éxito: xamón con tomate en rebanada de pan artesán! Riquísimo.....

 

 

Aquí estaban todos/as desexando comezar....

 

O martes 12 de maio tocou SESIÓN DE ZUMBA PARA TODOS/AS. Unha actividade na que participaron activamente a maioría do alumnado do centro e que repetiremos seguramente. Aí vos deixamos algunhas das imaxes.

 

     

 

 

           UN GRUPO MOI ANIMADO!

 

 

 

 

 Grupo de alumnos/as participantes con Lorena a monitora e Luis o profe de Educación Física que acabou esgotado..... 

 

 

 

ILLA DE SARÓN XORNADAS LOMCE LUNS 27 DE ABRIL

Ante a próxima implantación da LOMCE en Educación Secundaria no curso 2015/16, o Departamento de Orientación do IES Illa de Sáron organiza unhas xornadas de información dirixidas a toda a Comunidade Educativa: alumnado, profesorado e familias.

Estas xornadas desenvolveranse o luns 27 de abril de 2015 nas dependencias do IES Illa de Saron.

Pode consultar o programa das xornadas no documento adxunto.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS. CONVOCATORIA 2015

Período de inscrición: 7- 20 de abril

Consultar información no documento adxunto

SUSPENSION DA VIAXE A SANTIAGO DO ALUMNADO DE 2º E 3º DE ESO

 

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, durante os días 3 e 4 de febreiro de 2015, por nevaradas con acumulacións de neve de ata 5 cm que afectarán ás zonas meteorolóxicas de montaña de Lugo, montaña de Ourense, sur de Ourense, noroeste de Ourense, interior de Pontevedra e centro de Lugo.

Debido á alerta meteorolóxica e  para evitar calquera situación de risco no desprazamento do alumnado de 2º e 3º de ESO a Santiago,  decídese a suspensión da actividade extraescolar programada para o día 4 de febreiro.   A actividade queda aprazada para o mércores 8 de abril de 2015.

A dirección do IES Illa de Sarón

LICITACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA DO IES ILLA DE SARÓN 2014-15

LICITACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA DO IES ILLA DE SARÓN

 

 

As propostas poden entregarse na secretaría do centro ou enviando un e-mail a ies.illadesaron.xove@edu.xunta.es

 

PRAZO: ATA AS 14:00 HORAS DO DÍA 30 DE XULLO DE 2014

MATERIAS OPTATIVAS ESO CURSO 2014/15

Podes descargar os documentos premendo no curso correspondente:

* 1º de ESO

* 2º de ESO

* 3º de ESO

* 4º de ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut