Skip to Content

Voznatura. Río Rigueira 2014

 

Algunhas das fotos do día que fomos estudar o ecosistema do río da Rigueira. Preme aquí para velas en grande ou descargalas.

CHARLA DO XORNALISTA PACO NIETO NA CLASE DE GALEGO

 

O locutor de Radio Lugo Paco Nieto ofreceu unha charla didáctica, O valor da nosa voz, ao alumnado de 1º de ESO. Falounos sobre a importancia dos matices e tons na voz e puidemos escoitar gravacións de personaxes históricos (Castelao, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Manuel María...) así como fragmentos de programas radiofónicos.

Intercambio co IES Enrique Muruais de A Pontenova

Para ver en grande as fotos e poder descargalas preme aqui

 

 

IES ILLA DE SARÓN OFERTA EDUCATIVA

 

 

 

FITOFALADOIRO

 

O IES Illa de Sarón participa no FITOFALADOIRO!

                                                                                                                            

https://twitter.com/fitofaladoiro

 

O obxectivo central do proxecto Fitofaladoiro,organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) , Herbario SANT e o Instituto da Lingua Galega (ILG)é a recompilación de usos e nomes de plantas silvestres de Galicia. Trátase dun traballo colaborativo no que participan centros de toda Galicia, e que trata de rexistrar a variedade de nomes e usos das nosas plantas.

 

Preme aquí para coñecer o proxecto polo miúdo:

http://www.usc.es/herbario/fitofaladoiro/doc/Fitofaladoiro_pantalla.pdf

 

 

Nós colaboraremos identificando e nomeando estas plantas presentes no concello de Xove:

 

 

Unha vez identificadas cómpre cubrir o seguinte formulario:

 

http://www.usc.es/herbario/fitofaladoiro/doc/Fitofaladoiro_Formulario.pdf

 

Aquí tedes un exemplo do formulario cuberto:

 

fhttp://www.usc.es/herbario/fitofaladoiro/doc/Fitofaladoiro_Formulario_exemplos.pdf

 

As plantas que tedes que identificar están neste ficheiro.

 

( Normalización lingüística, Departamento de Ciencias Naturais e Dpto de Galego)

 

 

PLAN NAVEGA CON RUMBO

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG)

Nos fogares e nos centros educativos a Internet converteuse nunha ferramenta imprescindible para o lecer e a aprendizaxe, pero tamén supón unha serie de riscos como contidos inapropiados ou contactar con persoas que non son sempre o que din ser.

Na seguinte páxina www.navegaconrumbo.es pódense descargar unhas guías de boas prácticas dirixidas ao alumnado,  profesorado e familias que ensinan a navegar por Internet dun xeito útil e responsable.

AXUDAS PARA O ESTUDO DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Orde do 13 marzo pola que se convocan axudas para a formación en linguas extranxeiras para o alumnado de ESO e Bacharelato. Consulta aquí toda a información.

A Fenda nos Muros. Graffiti de Rosalía

Por iniciativa da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) este ano conmemorouse o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) cunha actividade dirixida aos centros educativos e titulada Graffiti Rosalía. A fenda nos muros. No noso centro o equipo de Normalización xunto co Departamento de Plástica organizou un concurso de deseño de graffitis  e tras seleccionar un  dos debuxos, buscamos entre o alumnado os mellores graffiteiros, atopámolos en 2º de ESO e 2º de PCPI. A proposta gañadora hoxe decora os muros do pavillón do centro, un espazo ben visible para tod@s. 

Tamén podedes ver o vídeo de como se fixo. 


Concurso de robótica

O alumnado de 4º de ESO e do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes participou o día 12 de Febreiro no VI Concurso de Robótica organizado por Igaciencia e celebrado  na sede da Fundación Pedro Barrié  en Coruña.

Pola mañá os alumnos/as participantes  no concurso e os alumnos/as de 1 º PCPI visitaron a Casa das Ciencias. 

ucerecedo's Robotica 2014 album on Photobucket
Distribuir contido


by Dr. Radut