Skip to Content

A PRIMEIRA EN FOTOGRAFÍA

Javiera Duarte Araya, alumna de 3º de ESO do IES Illa de Sarón gaña o Concurso de Fotografía que convocou o Concello de Cervo coa finalidade de celebrar o día do Medio Ambiente. Noraboa!

 

XOVE, TRIUNFO EN FEMININO

Cinco rapazas do IES Illa de Sarón subcampeonas de Galicia e ximnasia rítmica. Son : Pilar Vázquez, Alba Balseiro, Javiera Duarte, Noela Bouza e Lucía Fernández.

Noraboa!

Fotografías da viaxe a Portugal: Porto e Guimarães.

Preme na ligazón para ver as fotografías da viaxe a Portugal.

Viaxe a Portugal. Maio 2012.

PROGRAMACIÓN ACTOS EDUCACIÓN NA II REPÚBLICA

As actividades que figuran con letra negra son as dirixidas ao alumnado do Centro

As actividades que figuran con letra azul son as dirixidas ao público en xeral (profesorado, alumnado, nais-pais, …)

 

MARTES 10 ABRIL:

11:30 h. Reunión informativa do profesorado

19:00 h. Organización e montaxe de exposicións

                   Coordina: Dulce López

 

**************************

MÉRCORES 11 ABRIL

12:50 h. Proxección do documental

“LA ESCUELA OLVIDADA” de Sonia Tercero

                   Coordina: Anselmo Lorenzo

16:30-21:00 h. Visita ás exposicións 

20:00 h. Video-forum: “LA ESCUELA FUSILADA”

de Iñaki Pinedo e Daniel Álvarez 

                   Coordina: Ramón Casas


 **************************

 

XOVES 12 ABRIL

12:00 h. Proxección do documental

“LAS MISIONES PEDAGÓGICAS (1934-1936)”

de Gonzalo Tapia

                                                         Coordina: Alberto Aguado

16:30-21:00 h. Visita ás exposicións

20:00 h.    CELSO DOURADO:

Presentación de varias obras dunha serie de cadros dedicados á II República.

                   CARLOS NUEVO CAL:

Conferencia-coloquio:

“MESTRES E MESTRAS REPUBLICANOS NA MARIÑA”

Coordina: Ramón Casas

**************************


VENRES 13 ABRIL

12:00 h. Proxección da película.

                   “A LINGUA DAS BOLBORETAS”

de José Luís Cuerda

                   Coordina: Inma Gayoso

I XORNADAS SOBRE EDUCACIÓN NA II REPÚBLICA

CONCURSO DE DECLARACIÓNS DE AMOR EN LINGUA GALEGA

 

 

BASES DO CONCURSO:

 

 

1. O certame consiste na elaboración dunha declaración de amor en lingua galega.

 

2. Poderá participar todo o alumnado da ESO, PCPI e Ciclo.

 

3. A declaración deberá ser orixinal e inédita e non debe superar os 350  caracteres (incluídos espazos en branco). Poderán estar escritas en prosa ou verso . A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo.

 

4. As mensaxes serán enviadas como comentarios a esta noticia na páxina web do centro. Entrade nela co nome de usuario: alumno e contrasinal: alumno E lembrade asinar a mensaxe co voso nome!!

 

5. Establecerase un máximo de cinco mensaxes por concursante.

 

6. Haberá tres gañadores que recibirán como agasallo un vale dunha libraría de Xove, que poderán gastar en material escolar, libros, recargas para móbiles, etc. O gañador recibirá un bono de 30€, o 2º clasificado, un de 20€ e o 3º, de 10€.

 

7. As declaracións gañadoras publicaranse na páxina web do centro. 

 

8. A data límite de envío é o 2 de marzo.

 

9. O xurado estará composto polo profesorado integrante do Equipo de Dinamización e Normalización.

 

10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

 

                                                    

 

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!

 


PROPOSTAS DE LECTURA PARA O NADAL

O Equipo de Biblioteca do IES "Illa de Sarón" recomendavos que dediquedes parte do tempo durante o Nadal á lectura dun libro.

Deixamosvos unha proposta de lecturas no seguinte ficheiro adxunto.


 

"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera, olvidado un alma que perdona, destruído un   corazón que llora" Proverbio Hindú.

 


Corresponsabilidade 2011

 

 

25 de Novembro:  Día Internacional de loita contra a violencia de xénero

 

O alumnado de secundaria e PCPI colaboraron en actividades que  tiñan por obxectivo: “fomentar a corresponsabilidade”. As actividades foron: tender roupa, facer a cama, poñer botóns, programar a compra para a fin de semana, tarefas propias de xardinería, montar e desmontar unha estantería,... 

Pasámolo ben! Os campións e campionas : 3º ESO!. Noraboa! 

 

LIMPAMOS A PRAIA DE LAGO (XOVE)

 O pasado venres 4 de novembro a comunidade

educativa do IES Illa de Sarón adicamos a xornada de

tarde a limpar a Praia de Lago. Recollemos todo tipo

 de lixo e aproveitamos para recoller en fotografías

testemuñas da flora e da fauna da praia.

 

Traballamos moito e pasámolo ben!

 


 

E se queres ver máis dalle aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut