Por iniciativa da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) este ano conmemorouse o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) cunha actividade dirixida aos centros educativos e titulada Graffiti Rosalía. A fenda nos muros. No noso centro o equipo de Normalización xunto co Departamento de Plástica organizou un concurso de deseño de graffitis e tras seleccionar un dos debuxos, buscamos entre o alumnado os mellores graffiteiros, atopámolos en 2º de ESO e 2º de PCPI. A proposta gañadora hoxe decora os muros do pavillón do centro, un espazo ben visible para tod@s.
Tamén podedes ver o vídeo de como se fixo.