Skip to Content

Concurso mensaxes de amor

 

 

 

 

 

BASES DO CONCURSO:

 

 

1. O certame consiste na elaboración dunha declaración de amor en lingua galega.

 

2. Poderá participar todo o alumnado da ESO , PCPI e Ciclos.

 

3. A declaración deberá ser orixinal e inédita e non debe superar os 350 caracteres (incluídos espazos en branco). Poderán estar escritas en prosa ou verso . A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo.

 

4. As mensaxes serán enviadas como comentarios a esta noticia na páxina web do centro (tedes que acceder á páxina co nome de usuario alumno e contrasinal alumno, e non esquezades poñer o voso nome ao final da mensaxe).

 

5. Establecerase un máximo de cinco mensaxes por concursante.

 

6. Haberá tres gañadores que recibirán como agasallo un vale dunha libraría de Xove, que poderán gastar en material escolar, libros, recargas para móbiles, etc. O gañador recibirá un bono de 30€, o 2º clasificado, un de 20€ e o 3º, de 10€.

 

7. As declaracións gañadoras publicaranse na páxina web do centro.

 

8. A data límite de envío é o 22 de febreiro.

 

9. O xurado estará composto polo profesorado integrante do Equipo de Dinamización e Normalización.

 

10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!

 

 

 

 

 




page | by Dr. Radut