Skip to Content

O 6 de maio imos ao Correlingua!

O venres 6 de maio das 10 ás 14:30 horas imos ao Correlingua en Burela!

 

O Correlingua é unha actividade que se celebra desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 14 vilas de Galicia, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos.

As entidades organizadoras veñen realizando esta actividade escolar como proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego. Para este ano elexiuse como lema da actividade “En galego sempre somos", sinalando a importancia da lingua como mellor vehículo de expresión.



page | by Dr. Radut