Skip to Content

Diccionario de profesións

Compartimos este diccionario de profesións de Educaweb, que nos permite informarnos dunha forma moi cómoda e completa das ocupacións dos diferentes campos profesionais.

https://www.educaweb.com/profesiones/

Educaweb tamén publica esta información sobre as características das novas profesións.

https://www.educaweb.com/contenidos/laborales/nuevas-profesiones/como-seran-nuevas-profesiones/

Proceso de desescalada

Estamos vivindo cambios na situación provocada polo COVID-19, por fin!

Convén seguir tendo coidado e precaución, así que compartimos as recomendacións da "Dirección General de Protección Civil y Emergencias" e o "Consejo General de la Psicología de España".

Ciclo Superior "Programación da produción e moldeamento de metais e polímeros"

Formación modular en réxime de adultos, clases polas tardes de 16:30 a 22:00h.

Formación práctica en Alcoa e empresas da mariña lucense.

 

Reanúdanse os prazos para a admisión nos centros públicos

Educación reabre este luns, día 11 de maio, o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21.

Lembrade que desde hoxe ata o día 18 de maio está reaberto o prazo para solicitar praza no centro onde ides cursar bacharelato (para as persoas que non o fixestes antes do confinamento).

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31015

Instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936

Boas prácticas nas saídas da poboación infantil

Podes descargar esta guía elaborada polo ministerio -aquí-.

Para obter máis información:

https://www.lamoncloa.gob.es/serviciosdeprensa/notasprensa/sanidad14/Paginas/2020/250420salidas-menores.aspx

Novas FP: Resolución da Consellería de educación

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar no seu portal educativo a Resolución pola cal se establecen unha serie de medidas excepcionais no que atinxe ás ensinanzas de réxime especial (graos formativos, ensinanzas deportivas, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e ensinanzas artísticas superiores), que -ao igual que o resto das ensinanzas-  se viron afectadas polo decreto de Estado de Alarma.

Día do libro

Aproveitamos o día mundial do libro para publicar un vídeo onde mostramos cal é o noso libro preferido

 

Quedar na casa (9)

O confinamiento polo COVID-19 alóngase un pouco máis, como xa era de esperar, o que complica o proceso educativo en todo o sistema educativo.

Alumnado e familias teñen moitas dúbidas sobre os prazos e procedementos que xa estaban en marcha, así como outros que ían comezar. Aclaramos que de momento todos continúan suspendidos polo estado de alarma e que se reabrirán cando a situación cambie.

Para organizar o terceiro trimestre agardamos instruccións específicas da Consellería de Educación, unha vez que o Ministerio de Educación publique normativa ao respecto. Pero, como sabedes, o profesorado está traballando nas súas programacións e organizando as tarefas de apoio, recuperación, e ampliación das aprendizaxes adquiridas, que vos envían. Polo momento, compartimos a publicación do Ministerio de Educación da semana pasada, como fonte oficial da información dispoñible.

https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/04/20200415-sectorial.html

Deixámosvos un pequeno vídeo sobre o final do confinamento, que pode servir para aclarar como nos podemos sentir cando chegue o momento.

Distribuir contido


by Dr. Radut