Skip to Content

Carteis COVID-19

Calendario Setembro

A música na casa

Prema na imaxe para ver o que fixemos durante este trimestre.

Contratos programa: Mellora da competencia Lingüística

Dende o Departamento de FOL a tarefa que desenvolvemos co alumnado da optativa Iniciación á actividade emprendedora e empresarial de 4º da ESO consistiu en traballar a oralidade á vez que se coñecían e se poñían en práctica ferramentas de procura de emprego.

A tarefa consistiu en que o alumnado buscase nalgún portal de emprego da rede unha oferta de traballo relacionada cos seus intereses profesionais. Posteriormente, debía de obter un pantallazo de devandita oferta e subila á aula virtual.

Coa axuda de videotutoriais a profesora facilitoulles instrucións sobre como redactar unha carta de presentación adaptada a unha oferta de traballo concreta. Igualmente, a profesora proporcionoulles uns enlaces onde podían atopar diversos exemplos de cartas de presentación para tomar como referencia.

Unha vez redactada a carta de presentación debía de ser subida á aula virtual a través do correspondente buzón de entrega.

Finalmente, tras traballar preguntas tipo e respostas adecuadas nunha entrevista de traballo tipo, pedíaselle ao alumnado que simulase o rol de ser entrevistador e entrevistado en relación a devandita oferta e que gravase en audio as preguntas e respostas que suscitaría e respondería no seu caso.

Fotos da execución da tarefa:

Prazo para a matricula nos ciclos de FP

O prazo de solicitudes de adminisión na Formación Profesional para o curso 2020/2021 comeza o 25 de xuño.

Podes obter máis información -aquí-.

Para consultar o calendario do proceso de adminisción ao ciclos de FP visita o seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/fp/node/15703

Contratos programa: Competencia Lingüística

Tal como temos anunciado nunha entrada anterior, durante a primeira semana do mes de xuño levamos a cabo, dentro do proxecto Contratos Programa da Xunta de Galicia, diferentes obradoiros de Regueifas para mellorar a competencia lingüística do noso alumnado.

Nesta ocasión, o regueifeiro Quique Estévez foi o encargado de impartir os obradoiros, vía telemática, para o alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. O alumnado de 1º non puido gozar desta clase práctica de oralidade por problemas coa conectividade da aplicación WEBEX.

Quique Estévez despois de explicar brevemente que é unha regueifa, a súa orixe, as diferentes melodías que existen para cantar regueifas, as distintas variantes de improvisación no mundo, deunos algúns trucos para comezar a compoñer regueifas.

Ao rematar o obradoiro e como tarefa práctica de desenvolvemento de regueifas, o alumnado compuxo algunha estrofa seguindo certas pautas como determinadas palabras ou algún verso que tiñan que incorporar nas súas coplas.

Deixámosvos algunha fotografía dos obradoiros, así como exemplos de regueifas cantadas polo alumnado e nalgún caso coa participación de familiares.

Distribuir contido


by Dr. Radut