Vai finalizando outra semana, a terceira de confinamento, e queremos seguir mandándovos moito ánimo para afrontar o que queda, que cada vez é menos...
Compartimos unha nova guiía, esta vez de Cruz Vermella, que elaboraron específicamente para esta situación. Gústanos compartila con vós porque é importante valorar o esforzo de tantas persoas que están traballando no noso benestar e na nosa tranquilidade, algo tan importante neste momento. Tamén porque pensamos que para algunha persoa pode ser moi útil consultar en fontes de información sinxelas e fiables algunha cuestión que lle preocupa. Esta guía está dividida en tres apartados: información sobre o coronavirus, manexo da situación do estado de alarma e actividades e recursos lúdicos, organizados por temáticas e idades.
Podes descargala premento -aquí-
E tamén algo máis lúdio, presentámosvos unha páxina que nos leva de paseo polo música de Galicia. Historia, música tradicional, o folk, o pop ou o rock son algúns dos elementos que atoparedes. Contén textos, imaxes, audios e actividades que nos guiarán neste interesante paseo virtual pola música de Galicia.
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1462796657/contido/paseomusica/index.html
Moito ánimo!!!