Despois destas "vacacións", agardamos que vos atopedes ben, con forza e ánimo. Por iso, queremos compartir con vós este vídeo con 17 boas noticias e motivos para o optimismo, a pesar desta situación que estamos vivindo.
Botádelle un ollo!
Deixámosvos tamén uns consellos básicos que compartiron compañeiras e compañeiros de Aulas Galegas para organizar o estudo na casa, por se vos pode servir de axuda.
https://drive.google.com/file/d/1mrSkkzSCzEsPbsF_KXylQNLqs11yRwK0/view
E hoxe publicamos tamén esta "Axenda para adolescentes confiad@s", en formato infografía, que publicou o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Podes descargalo -aquí-.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
axenda_para_adolescentes_confinados.pdf | 218.57 KB |