Skip to Content

Contratos programa: Preguntas de enxeño

Dentro do proxecto “Contratos-Programa 2019-2020" para adquirir e mellorar a competencia matemática levamos a cabo, mes a mes, diferentes actividades que iremos detallando a medida que se vaian realizando.

Durante o mes de outubro estivemos traballando con “Preguntas de enxeño”. Trátase de preguntas con dobre sentido, cuxas respostas son moi fáciles de averiguar, sempre e cando, entendesen ben o enunciado.Estas actividades teñen varios obxectivos:

  • Analizar e comprender os enunciados das actividades co que tamén contribuiremos á adquisición e mellora da competencia lingüística. Sempre hai que ler varias veces os enunciados dos problemas antes de resolvelos. De non ser así, as nosas conclusións poden ser erróneas.
  • Traballar en equipo. Para realizar estas actividades formáronse grupos heteroxéneos que tiveron que traballar xuntos para dar una única resposta.
  • Respectar as opinións do grupo e da clase. Unha vez respostadas todas as preguntas, cada grupo expuño as súas conclusións e debateron ata chegar a una única resposta.



page | by Dr. Radut