Xerais do centro

Actividades feitas no centro

Crónica da primeira semana do trimestre

¡Quen dixo: "ir quentando motores"!

¡ Para ser a primeira semana do último trimestre... a actividade no Francisco Aguiar foi de non tomar folgos !

Para abrir boca,  o mesmo día 22 que regresabamos das vacacións preparouse todo para a celebración do Día do Libro ao día seguinte.

O 23 de abril alumnos e alumnas de todos os cursos  presentaron os seus traballos literarios en forma de minilibros, algúns deles dunha calidade literaria e artística impresionante. O labor dos departamentos de Educación Plástica, Tecnoloxía, Lingua Galega e Lingua Castelá tivo un resultado excele nte.

Pero os anda res do instituto tamén se cubriron de imaxes de ollos de libro.

 

 

 

 

O 24 non ficou atrás en actividade respecto do día 23

  1. O alumnado do Ciclo Superior de comercialización e Mercadotécnica cursaron visita ás instalacións en Arteixo de INDITEX. Pancho e Victoriano acompañaron a tan sorrinte representación
  2. O alumnado de Tecnoloxía Industrial de 2º BAC visitou, acompañado do seu profesor Juan Neira, as instalacións da empresa APP+
  3. Alumnado de 3º, 4º da ESO e 1º BAC asistiron no Salón de actos do noso Instituto á representación teatral en Inglés  "The world's a stage".  A xulgar polas imaxes a experiencia foi instructiva e divertida

E para rematar a xogada semanal o venres 25 de abril. Nunha presentación entrañable da memoria da Cruz Vermella de Betanzos que tivo lugar no Liceo,  un grupo de alumnas e alumno de 2º recolleron o recoñecemento pola súa labor solidaria este ano. Lembremos que, motivados por Delfina Ruibal, recolleron cartos para Cruz Vermella e Cáritas e foron os impulsores do carriño da compra solidario que campa no noso vestíbulo como chamada á solidaridade.

Como remate ao acto a proxección dun happy-video dirixido polo realizador betanceiro Andrés Seijo Calviño ( Calviño por parte de tía). Nel disfrutamos co seu optimismo e coas estelares actuacións da susodita tía Begoña , dun nutrido grupo de bailaríns do Aguiar e doutro grupo de alumnos e alumnas do noso centro voluntarios na Cruz Vermella. (agardamos a súa difusión para que o poidades mirar dende esta web.

Festival de Entroido no "Aguiar"

O Festival de Entroido no IES Francisco Aguiar volveu ser unha festa de participación . Master&Comnander Mª José Pardo,(e tamén cámara), DJ 'Natalia Pou, King Lion Gonzalo Tizón... Grazas a todos e todas.


 

 

Chegou aos nosos oídos...Jorge Vázquez, bágoas de cristal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Non hai moito traiamos á nosa web a referencia de dous ex alumnas Lúa e Zeltia Mosquera adicadas á moda dende a súa empresa Nicanora. Hoxe seguimos no mesmo mundo porque grazas  ao facebook de Betanceiros en el mundo  ...

chegou aos nosos oídos...  que o deseñador de moda Jorge Vázquez , que forma parte da ilustre nómina de ex alumnos do IES Francisco Aguiar,  presentou recentemente a súa colección otoño inverno 2014-2015.

Mirade a eloxiosa crónica que del se fai no blog de moda de RTVE

Pintatiza. 1ª edición.

Como parte dos actos festivos do pasado 20 de decembro. Un grupo de alumnas e alumnos ( da grande canteira de debuxantes que temos) coordenados por X.M. Rey Bao,  levaron adiante unha preciosa actividade: Pintar escenas urbanas con xiz de cor sobre cartóns. 

A modo de presentación adxuntamos un vídeo grazas as imaxes que nos pasou Ana Acción ( unha das ideólogas do asunto) ...pero prometemos amplialo e melloralo cando dispoñamos das imaxes das outras fotógrafas ( que mesmo recolleron diversas fases do proceso)

 

O Aguiar comprometido, un ano máis, coa reciclaxe.

 

Un ano máis, os departamentos de Tecnoloxía e Física e Química invítannos a cobrar conciencia ecolóxica e a que dita conciencia nos mova a actuar de xeito responsable.

 

O uso cada vez máis xeneralizado das impresoras nos centros de traballo,  ou mesmo nas casas de cada un de nos,  está a xenerar uns resíduos aos que compre dar unha saíd

 

a o máis respetuosa posible co medio ambiente. A empresa RECOATLÁNTICO  nos propón a recollida dende o Instituto, e participando nun concurso escolar, de cartuchos usados de impresora o toner.

Por isto facemos un chamamento a toda a comunidade escolar : o propio centro, alumnado, familias, profesorado, empresas coas que traballamos.... para que todos aqueles materiais deste tipo ( catuchos de impresoras ou toner de fotocopiadora)  nolos traiades para que os xestionemos axeitadamente.

 

Coñecer, adquirir conciencia, actuar de xeito responsable, influir para que outras persoas fagan o mesmo.

Chegou ata os nosos oídos.......Premio á Excelencia Académica no Bacharelato para Elaine Monteagudo

"Chegou ata os nosos oídos..."  é unha etiqueta da web do IES "Francisco Aguiar". Con ela facémonos eco  do que ocorre máis aló dos muros do Instituto. Agrádanos dar a coñecer eventos e noticias relacionados con persoas que estiveron entre nós (alumnado ou profesorado, comunidade escolar en xeral) ou con aquelas que aínda forman parte deste proxecto educativo. Trátase de amosar outra cara que non sexa a estrítamente académica.  



Pois ben.... hoxe mesmo tivemos a ocasión de coñecer a nova de que a nosa alumna ata o ano pasado, Elaine Monteagudo, foi galardoada pola Vicerreitoría de Estudantes da Universidade de A Coruña na IX edición dos Premios á Excelencia Académica no Bacharelato para o Grao de Inglés.

 ¡Noraboa para Eli !  ¡Noraboa para o Aguiar!

 

Agradecemos  a calquera que aporte novas relativas á grande comunidade do IES Francisco Aguiar. Estaremos encantados de dalas a coñecer a través desta páxina


O Aguiar solidario co Banco de Alimentos Rías Altas

 

A participación na iniciativa solidaria do Banco de alimentos para os días 29 e 30 de novembro tivo unha grande acollida entre o noso alumnado e case 40 rapaces e rapazas ofreceronse como voluntarios. Teredes ocasión de atopalos eses días nos grandes supermercados de Betanzos.

Banco de Alimentos.

O noso Instituto recibíu a invitación do Banco de Alimentos para participar  nunha Campaña Nacional de recollida de alimentos que terá lugar os días 29 e 30 de novembro.

O martes 26,   recibiremos a visita dun dos seus coordenadores, Gustavo Sánchez,  que falará ao alumnado de varios cursos de BAC sobre o proxecto desta ONG e sobre a iniciativa concreta dos días 29 e 30.

Tamén invitará a toda a comunidade escolar a participar na campaña como voluntarios/as. Eses días os  colaboradores/as voluntarios/as  estarán á porta  de catro grandes supermercados betanceiros para explicar a iniciativa aos usuarios/as destes estabrecementos e solicitar deles/as unha aportación para o Banco de Alimentos.


20 de novembro. Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas

Celebramos hoxe, 20 de novembro, o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas

 

En arquivo adxunto tedes para descargar unha relación e explicación dos mesmos

 

.................................?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿........................................

¿Como se constrúe un monólogo? Oswaldo Digón

O ano pasado tivemos a sorte de contar no "Aguiar" coa presencia de Oswaldo Digón. Este monologuista sadense  explicounos de xeito maxistral e desternillante, como se facía un monólogo.  Este ano  volvemos a recibir a súa visita.  Os primeiros afortunados en disfrutar e rir con el, na segunda  hora, serán os alumnos e alumnas de 1º BAC . Na hora seguinte será o alumnado de 3º da ESO.


 

 

Distribuir contido