Crónica da primeira semana do trimestre

¡Quen dixo: "ir quentando motores"!

¡ Para ser a primeira semana do último trimestre... a actividade no Francisco Aguiar foi de non tomar folgos !

Para abrir boca,  o mesmo día 22 que regresabamos das vacacións preparouse todo para a celebración do Día do Libro ao día seguinte.

O 23 de abril alumnos e alumnas de todos os cursos  presentaron os seus traballos literarios en forma de minilibros, algúns deles dunha calidade literaria e artística impresionante. O labor dos departamentos de Educación Plástica, Tecnoloxía, Lingua Galega e Lingua Castelá tivo un resultado excele nte.

Pero os anda res do instituto tamén se cubriron de imaxes de ollos de libro.

 

 

 

 

O 24 non ficou atrás en actividade respecto do día 23

  1. O alumnado do Ciclo Superior de comercialización e Mercadotécnica cursaron visita ás instalacións en Arteixo de INDITEX. Pancho e Victoriano acompañaron a tan sorrinte representación
  2. O alumnado de Tecnoloxía Industrial de 2º BAC visitou, acompañado do seu profesor Juan Neira, as instalacións da empresa APP+
  3. Alumnado de 3º, 4º da ESO e 1º BAC asistiron no Salón de actos do noso Instituto á representación teatral en Inglés  "The world's a stage".  A xulgar polas imaxes a experiencia foi instructiva e divertida

E para rematar a xogada semanal o venres 25 de abril. Nunha presentación entrañable da memoria da Cruz Vermella de Betanzos que tivo lugar no Liceo,  un grupo de alumnas e alumno de 2º recolleron o recoñecemento pola súa labor solidaria este ano. Lembremos que, motivados por Delfina Ruibal, recolleron cartos para Cruz Vermella e Cáritas e foron os impulsores do carriño da compra solidario que campa no noso vestíbulo como chamada á solidaridade.

Como remate ao acto a proxección dun happy-video dirixido polo realizador betanceiro Andrés Seijo Calviño ( Calviño por parte de tía). Nel disfrutamos co seu optimismo e coas estelares actuacións da susodita tía Begoña , dun nutrido grupo de bailaríns do Aguiar e doutro grupo de alumnos e alumnas do noso centro voluntarios na Cruz Vermella. (agardamos a súa difusión para que o poidades mirar dende esta web.