Lingua Castelá e Literatura

Martes 5 abril. Creación literaria e creadores no IES Francisco Aguiar.

 


 

Martes 5 de abril e mércores 6:  no IES Francisco Aguiar terá un protagonismo especial, para o alumnado de 1º BAC, a creación literaria

 

Por unha banda, o grupo que cursa a materia de Literatura Universal en 1º BAC  co profesor Francisco Rodríguez Coloma recibiran a visita da escritora Raquel Vázquez, ex do Aguiar e colaboradora habitual do noso instituto. Con ela terán ocasión de comentar un dos relatos ( "la sombra amarilla") do seu último libro publicado: "La ocarina del tiempo".

 

Por outra banda o alumnado do grupo D de 1º BAC participará durante dúas horas nun Obradoiro de Creación Literaria. Esta iniciativa, na que o noso instituto participou xa o pasado ano, parte do Equipo de Dinamización e de Normalización Lingüística do noso centro, do Departamento de Lingua e Literatura Galega  e  do Concello de Betanzos. Deste xeito, coa coordinación do profesor Xan Munín os nosos alumnos e alumnas achéganse á literatura dun xeito esencialmente práctico. 

 

Completando isto, a mediodía os alumnos e alumnas da ESO participantes nos clubs de lectura teñen a súa periódica reunión para comer no Instituto e falar de libros. 

 

POST DATA :

Mañá 6 de abril a nosa alumna Amaia Tomé recibirá en Santiago de Compostela o LXIV Premio Minerva concedido pola súa obra "Clare e outras illas"

Prensa Escola no Aguiar

É triste condición dos seres humanos que nos  afagamos ás cousas por máis importantes que poidan ser,   e chegamos a considerar rutinario aquilo que debía ser valorado sempre como extraordinario. É o que ocorre coa participación, máis que veterana do Aguiar, no programa prensa-escola da Voz de Galicia.

 

Cada semana os nosos alumnos do primeiro ciclo da ESO teñen a oportunidade de recibir a prensa e dispoñen dun anaco de tempo para ler e traballar con ela nas aulas. O labor do departamento de Lingua Castelá e das súas profesoras é, neste sentido, imprescindible. 

Chegou aos nosos oídos...Raquel Vázquez presenta "La ocarina del tiempo"

 

Chegou aos nosos oídos... que a ex do Aguiar e asidua colaboradora  da biblioteca i en "saraos" literarios varios,Raquel Vázquez,  presentará próximamente o seu primeiro libro de contos, La Ocarina del Tiempo (transportándonos  a Hyrule e a interminables tardes de xogos con Zelda).  Xa a coñeciamos como poeta pero agora dá o salto (oficial) ao mundo do relato. Deixemos que sexa ela quen nolo presente:

 

Llevaba mucho tiempo esperando, y hoy al fin ha sido el día: acaba de salir de imprenta mi primer libro de cuentos, 'La ocarina del tiempo', en la Editorial Trifolium. Después de varios poemarios, la ilusión de estrenarme en narrativa sólo es comparable a cuando publiqué por primera vez. Muy agradecida al editor, Xan Arias, por haber confiado en este libro. Además, que la ilustración de cubierta sea obra de mi amigo y enorme artista David Perez Busto, lo vuelve, si cabe, todavía más especial.

La semana que viene empezará a estar disponible en librerías.

 

 

 

 

 

                                                                                              PARABÉNS RAQUEL

 

Para nos, no Aguiar, o Alzheimer é...

No primeiro trimestre do curso 2015-2016 o alumnado de ESO 2º tiveron a ocasión de participar nun programa de sensibilización e coñecemento sobre a enfermidade o Alzheimer en colaboración coa Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer de A Coruña (AFACO)

   Como froito do seu traballo e do seguimento de Elvira Castro, a súa profesora de Lengua Castellana, este pequeno vídeo.

 

Educando cidadáns críticos. Irene García fala sobre "Fahrenheit 451"

     Novamente,  o traballo diario nas aulas, as veces escuro ou pouco recoñecido, agroma en froitos de grande calidade. Conxúganse así as cualidades do noso alumnado co traballo diario do profesorado. 

     Desta volta trátase dunha animación_á_lectura - crítica_literaria que Irene García, alumna da materia de Literatura Universal de 1º BAC ( impartida por Francisco Rodríguez Coloma), fai sobre o clásico de Ray Bradbury, "Fahrenheit 451"

     Compre subliñar que non é a primeira vez que coñecemos este tipo de traballos, para o que algúns usan o termo  "booktube". O ano pasado coñecimos, con agrado, o traballo de Pablo Buyo sobre "El rostro de la sombra" de Alfredo Gómez Cerdá. 

  E mesmo antes, Lorena Fernandez (por este ano co-embaixadora do Aguiar en EEUU) fixera o seu booktube sobre o libro de Edmundo paz Soldán, "Los Vivos y los Muertos"

Chegou aos nosos oídos... os Cachorros de Ornitorrinco ocupan espazo na Biblioteca Esteve Paluzie de Barberá del Vallés

Chegou aos nosos oídos.... que o libro de microrrelatos "Cachorros de Ornitorrinco" escrito por un grupo de alumnos e alumnas do Aguiar baixo a coordinación de Francisco Rodríguez Coloma (profesor do Departamento de Lingua e Literatura Castelá) e Raquel Vázquez (ex alumna pero non menos mestra) ocupa lugar nos andeis dunha importante biblioteca adicada ao xénero da microficción. Así nolo contan dende o facebook da nosa Biblioteca:

Existen moitos tipos de bibliotecas, pero só unha pode presumir de apostar tanto pola promoción das formas hiperbreves (en particular, o microrrelato): a Biblioteca Esteve Paluzie de Barberá del Vallés. Entre os seus fondos, que conteñen a máis completa colección de narrativa hiperbreve, xa contan con "Cachorros de Ornitorrinco".

E así o presentan:

No hi ha res més que ens enorgulleixi tant que tenir en el fons especialitzat del gènere microrelat els llibres dedicats pels seus autors i autores.
I en aquest cas un orgull molt especial, perque des de La Microbiblioteca creiem fonamentalment que l'educació és un dels pilars bàsics per a descobrir la literatura i que si aquesta planta la llavor per conèixer-la, valorar-la i estimar-la no hi haurà aturador al llarg de la vida dels nous lectors, i possibles futurs escriptors i escriptores.
Moltíssimes gràcies a Raquel Vázquez, Francisco Rodríguez Coloma, Pedro Sánchez Negreira i a l'editorial Zaera Silvar, per treballar i editar aquest fantàstic llibre.
Els autors de "Cachorros de ornitorrinco: Teoría del microrrelato y experiencia docente" (Zaera Silvar, 2015) són els i les alumnes de 3er d'ESO de l'IES Francisco Aguiar de Betanzos (A Coruña) del curs 2013-14.
La coordinació d'aquest magnífic projecte es deu a Raquel Vázquez i a Francisco Rodríguez Coloma (A Coruña, 1963), ambdós coadministren el blog de referència dedicat a les microformes literàries Documenta Mínima sota el nom de Colectivo Máximo.

 
 

Sesións de traballo sobre Alzheimer.

O martes 10 de novembro o alumnado de 2º da ESO culminará o traballo de sensibilización do alzheimer.

Logo da proxección da película "Engurras", da que puideron disfrutar o pasado 28 de outubro,  toca o traballo nas aulas. Clase por clase os profesionais de AFACO desenvolveran unha unidade didáctica que pretende acadar unha maior concienciación sobre esta enfermidade e as súas repercusións personais e sociais.

Estrela Cervantes

Última oportunidade para votar que unha estrela leve por nome 'Cervantes'

 

A Unión Astronómica Internacional (IAU) ten en marcha un proceso internacional para recibir propostas e votar cómo nomear 20 novos sistemas planetarios descubertos nos últimos anos. A comunidade astronómica española reparou nunha estrela e os catro planetas que a orbitan para levar o universo de Cervantes ao espazo.

Concretamente, solicitaron que a estrela coñecida actualmente como 'Mu Arae' leve o nome do escritor español, mentres que os catro mundos que a rodean sexan nomeados con catro das personaxes da súa obra principal: Quixote, Rocinante, Sancho e Dulcinea.

O periodo para poder votar esta iniciativa, que parte do Planetario de Pamplona, o Instituto Cervantes e a Sociedad Española de Astronomía, termina na media noite deste sábado 31 de octubre. A información para poder participar antes de que remate o plazo pódese atopar na web www.estrellacervantes.es.

A estrela Cervantes compite con seis propostas rivais de todo o mundo, polo que a movilización de votantes será clave para que un dos autores máis internacionales ocupe un lugar no Universo.

  Na web da campaña 'estrella Cervantes', ademáis das instruccións para votar, inclúese máis información deste sistema planetario, os exoplanetas e a relación de Cervantes coa ciencia, entre outros temas.

Creose tamén unha páxina de Facebook e unha conta en Twitter, e anímase aos internautas a que amose o seu apoio mediante o hashtag #YoEstrellaCervantes.

 

 

 

 

Instruccións para votar:

  1. Despois de ler isto, preme na imaxe de abaixo para ir á páxina de votación da nosa estrela.
  2. Busca a opción de ‘Cervantes’ e preme en ‘Vote’
  3. Asegúrate de pasar a proba para demostrar que non es un robot e preme en ‘Submit’
¡Xa está! ¡Cervantes está un voto máis preto das estrelas!

Grazas

Estrella Cervantes por @puratura

Chegou ata os nosos oídos...Raquel Vázquez presenta "Si el neón no basta"

Chegou ata os nosos oídos... que Raquel Vázquez, ex alumna e colaboradora incansable i eficaz na nosa biblioteca presenta un novo libro. 

A presentación  terá lugar na libraría Biblos (r/Santiago 4. Betanzos). Os asistentes poderemos disfrutar dun dobre regalo: un pequeno recital  e a presentación do profesor Francisco Coloma .

 

                 INVIERNO

   Una fotografía tallada sobre nieve.

   Sólo seremos
   cuando
   ya no pueda importar saber si somos.

 

 

   Raquel Vázquez, Si el neón no basta, La isla de Siltolá, Sevilla, 2015, p. 39.
    &
   Manuel Villena

Distribuir contido