Inglés

Christmas Card Competition 2014

CHRISTMAS CARD COMPETITION 2014

1st and 2nd ESO

 

Make a Christmas card with the text in English.

Closing date: 28th November

 

PRIZES

One 15 euros cheque for 1st ESO and one 15 euros cheque for 2nd ESO

to buy books or CD's

Xornada de cultura británica no Aguiar

¿Como se chama a bandeira do reino Unido? ¿Que significado teñen as súas cores?

¿Por que os británicos circulan pola esquerda nas estradas? ¿Circulase deste xeito noutras zonas do mundo mundial?

De todo isto...e moitas cousas máis puidemos saber grazas a Luke, un simpático poñente invitado polo Departamento de Inglés para falar (en pulido británico) ao noso alumnado de 1º BAC.

Despois deste primeiro de outubro saberemos todo isto e poderemos distinguir "shirt" de "kilt"Guiño

Fin de semana bilingüe en Alvarella

Como cada ano, os alumnos e alumnas de 3º que forman parte da sección bilingüe disfrutan dun fin de semana en Alvarella. Actividades de ciencia, saídas á natureza, visitas artísticas e culturais.... e todo en inglés.

Esta é a testemuña da súa experiencia

 

New York City by Massiel Vera

Este curso tivemos a sorte de contar entre nós con Massiel Vera como lectora de inglés.  No seguinte traballo preseńtanos á súa cidade.

THE HAPPY PRINCE

THE HAPPY PRINCE

Os alumnos de 1º ESO están a ler neste terceiro trimestre a novela de Oscar Wilde "The Happy Prince".

 




Teatro en inglés. "The World's a Stage"

O 24 de abril alumnado de 3º, 4º da ESO e 1º BAC asistíu no Salón de actos do noso Instituto á representación teatral en Inglés  "The World's a Stage".  A xulgar polas imaxes a experiencia foi instructiva e divertida

A viaxe a Londres da sección bilingüe de 4º da ESO

Aquí tedes a confirmación  (en clásica imaxe) de que  un grupo de alumnos da Sección Bilingüe do Instituto "Francisco Aguiar" de Betanzos, acompañados por Cheché e Massiel, veñen de realizar unha viaxe cultural a Londres, onde puideron visitar os lugares máis coñecidos da capital británica, así como os seus museos máis importantes: o Museo de Historia Natural, o Museo das Ciencias, o Globe de Shakespeare...
Os estudantes do "Francisco Aguiar" desprazáronse tamén a Greenwich para visitar o Royal Observatory e o Museo Marítimo.

En marcha a viaxe anual da sección bilingüe de 4º da ESO

Como cada ano o alumnado da sección bilingüe do curso de 4º realiza unha viaxe de estudos. Unha vez máis, neste curso 2013-2014 o destino dos 19 alumnos e alumnas participantes foi Londres . Agardamos que aproveiten ben esta ocasión de practicar canto están a aprender.

Á espera das imaxes deste ano ( que chegarán) facemos un pouco de memoria con algunhas viaxes de seccións bilingües  en cursos pasados.

London Bridge                                                                      Abbey Road

Prime meridian (Greenwich )                                      London Eye

Chegou ata os nosos oídos......."Los cuentos de Sebas", Mª José Pardo

 

Chegou ata os nosos oídos ... que o xoves 6 de febreiro á 20,30h. na Sala Azul do Edificio Liceo, estamos  convidados polo Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Betanzos, Dn. José Ramón García Vázquez á presentación do libro titulado, "Los cuentos de Sebas", que presenta a nosa compañeira de Inglés  Mª José Pardo Fandiño.Actuará como presentadora,  a profesora de Lingua Castela do "Aguiar" Elvira Castro Otero.

Logo de presentar o pasado ano o seu primeiro libro "El País de los Cuentos. With Bilingual Tales", Mª José volve cun novo libro de contos para nenos, cheo de suxestivas actividades e co elemento distintivo de volver a ser bilingüe.

Neste enlace a reseña de prensa de la Opinión ou de La Voz de Galicia.

¡Desexámoslle éxito a esta compañeira, gran  traballadora no Insti' e, ben se pode ver,  fora del!

Distribuir contido