Inglés
Reunión informativa Viaje a Londres 2018
Convócase aos pais/nais/titores do alumnado que participará na Viaxe a Londres 2018 a unha reunión onde se informará do programa da viaxe e diversas recomendacións.
O vindeiro mércores 26 de Setembro ás 16:30 no Salon de Actos do IES Francisco Aguiar.
A sección bilingüe en Navantia. 24.IV.2018
O martes 24 de abril a sección bilingüe de matemáticas en 3º e 4º da ESO visita as instalación de Navantia en Ferrol.
Coñecer o mundo do mar e da construcción marítima da man dos expertos, e con explicacións en inglés, é o plan que os alumnos e alumnas da nosa sección bilingüe teñen para este martes. Completarán a xornada cunha visita a Pontedeume. Estarán, en todo momento, acompañados polos seus profesores Elvira Charlín e José Antonio Varela.
Teatro en inglés
Un ano máis (enlace), o Departamento de Inglés do IES Francisco Aguiar organiza para o venres 6 de abril unha sesión de teatro en lengua inglesa que terá lugar no Salón_de_Actos_con_columna_central do noso Instituto.
Ás 10 e media serán os alumnos e alumnas de 3º da ESO os que poderán disfrutar dista actividade sempre divertida e instrutiva. Ás 12 será o alumnado de 4º da ESO que tome o relevo.
Premios para un fin de trimestre.
Co remate de trimestre, e no festival que se celebrará no Salón de Actos do noso instituto o xoves 21 de decembro, entréganse tamén varios premios.
É a pequena recompensa polo traballo creativo ou investigador realiazo polo alumnado no primeiro trimestre.
Xa demos conta dos premios relativos aos "haikus contra a violencia de xénero"(enlace) e a Carta a un maltratador(enlace). Hoxe recibirán o merecido galardón
Tamén terán a súa recompensa no citado festival
- Nerea Viqueira Pena. Como gañadora do concurso de Ciencia na biblioteca do mes de novembro recibirá como premio unha película de tema científico.
- Asemade farase entrega dos premios aos Christmas Cards gañadores:
- 1º premio para Tomás Mahía Vázquez ("from Betanzos to the world... merry Christmas")
- 2º premio para Alba Roca Maceira ( flores de papel de nadal)
- 3º Premio para Etienne Sánchez Porta ( co seu reno cantor)
Portadas. 2º ESO. Curso 2015-2016
Con moito retraso... Vai esta reportaxe sobre o estupendo labor dos alumnos e alumnas de Teresa Herguedas(curso 2015-2016) decorando, con moito sentido, as súas libretas de traballo de inglés
Segundo día...still alive!
Trafalgar Square
St Peter & St Paul
Un "lixeiro" refrixerio para seguir camiñando.
Xa en Londres. O primeiro día dos nosos enviados
Chegada e primeira noite sen ningún percance. Agardamos máis noticias e máis imaxes
Viaxe de estudos London 2017
Londres, coa súa sociedade multicultural, o tipismo e encanto de mercados como o de Candem ou as vistas dende o "Eye";
as visitas á Tate ,o British ou a National Gallery;
a asistencia a unha obra de teatro ( este ano Rei Lear) no mesmo teatro de Shakespeare....
e unha convivencia que inclúe unhas risas en Trafalgar Square,
un anaquiño en Picadilly e unhas fotos no London Bridge,
ou o gusto de pasar de hemisferio cun só paso en Greenwich.
Un ano máis no Aguiar a Sección Bilingüe de matemáticas e o Departamento de Inglés ofrecen ao noso alumnado de 4º da ESO a posibilidade de realizar unha, máis que proveitosa, viaxe de estudos. Un ano máis que agradecer ao profesorado que a organiza e préstase viaxar co alumnado, neste caso Cheché Varela, Chus Suárez e Elvira Charlín.
Entre o 5 e o 11 deste mes de outubro o Aguiar conta con embaixadores de nivel na capital do Imperio Británico.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »