A viaxe a Londres da sección bilingüe de 4º da ESO
Aquí tedes a confirmación (en clásica imaxe) de que un grupo de alumnos da Sección Bilingüe do Instituto "Francisco Aguiar" de Betanzos, acompañados por Cheché e Massiel, veñen de realizar unha viaxe cultural a Londres, onde puideron visitar os lugares máis coñecidos da capital británica, así como os seus museos máis importantes: o Museo de Historia Natural, o Museo das Ciencias, o Globe de Shakespeare...
Os estudantes do "Francisco Aguiar" desprazáronse tamén a Greenwich para visitar o Royal Observatory e o Museo Marítimo.
»