Animación á lectura

Xuntanzas do club de lectura

Os días 21 e 22  de febreiro desenvolveuse a segunda xeira de xuntanzas dos clubs de lectura no Instituto. 

O día 21, na Biblioteca e  organizada por Francisco Coloma, tivo lugar a terceira reunión do grupo  de adultos . Nesta ocasión arredor da  obra El día de mañana  do escritor Ignacio Martínez de Pisón . 

No mediodía do día 22 celebráronse por segunda vez as xuntanzas simultáneas dos  diferentes grupos de lectores. Estes foron os libros :

 

GRUPO

LIBRO

PROFESOR/A

1º ESO ( grupo 1)

Tras a sombra do bruxo

Francisco Díaz Valladares

Mª José Pardo

1º ESO ( grupo 2)

As flores radioactivas

Agustín Fernández Paz

Irene Olveira

1º ESO  ( grupo 3)

A chamada da selva

Jack London

Elvira Castro

2º ESO  ( Grupo 1)

Penúltimas tendencias

Carlos Negro

Alba Alonso

2º ESO ( Grupo 2)

Un monstro vén a verme

Patrick Ness

Óscar García

3º e 4º de ESO

Palabras envelenadas

Maite Carranza

David del Río

1º Bacharelato

O cervo e a sombra

Diego Ameixeiras

Ana Camiño

Ciclo FP

La chica del abrigo azul

Mónica Hesse

Manuel Magariños

1º BAC - FRANCÉS

On a volé Mona Lisa

 

Beatriz Muíño

 

Algunhas das lectoras  da obra de Carlos Negro Penúltimas tendencias , coa dirección de Alba Alonso, fixeron esta  reivindicativa versión coas pandeiretas:
 
  GUAPA Y A LA ÚLTIMA

Esas revistas do quiosco,

tan superpop e megafashion,

nunca permiten

que e poña guapa

con seseo e con gheada.

 

Esas revistas do quiosco,

tan superpop e megafashion,

nunca aconsellan

que e probe un vestido

coas cores das xestas.

 

Esas revistas do quiosco,

tan superpop e megafashion,

nunca comprenden

que ande descalza

e coa lingua

solta.

 

Carlos Negro en Penúltimas tendencias

 

ENCONTRO CON RAQUEL VÁZQUEZ

23/02/2022 10:47
Europe/Andorra

 

O xoves 24 de febreiro os alumnos de Literatura Universal recibirán a visita de Raquel Vázquez, autora do libro de relatos Paralelo 36, Talentura, Madrid, 2019, 154 páginas.

 

HORA DE LER, #DÍA DE ROSALÍA

20/02/2022 10:49
Europe/Andorra

 

 
19ª SEMANA 
 
[1º SESIÓN]
 
Nesta semana na que se conmemora o día de Rosalía, convidamos a ler unha escolma dos seus poemas e o relato de Xosé Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro.
 
E por que non viaxar da man de Larraitz Urruzola!!!!
 

A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola

RECITAL POÉTICO - MUSICAL DEDICADO A ROSALÍA DE CASTRO

25/02/2022 11:25
Etc/GMT+2

       Os grupos   A e D de  2º de ESO , asistirán á última hora da mañá ao salón de actos para realizar unha homenaxe poético- musical  a Rosalía de Castro. A actividade, protagonizada polo alumnado ,  consistirá  na interpretación de varias cancións  que acompañarán o recitado dos seus poemas . 

HORA DE LER

13/02/2022 15:41
Europe/Andorra

 

19ª Semana 

[1ª Sesión]

 Mirando por enriba do ombreiro para saber cal é a escolla: Ernest Hemingway ou Roal Dahl?

 

HORA DE LER

06/02/2022 16:10
Europe/Andorra

 

 

18ª Semana 

[6ª Sesión]

 

Non hai mostachos nin bigotes nas historias que conta Clarice Lispector nas propostas de lectura desta semana.

 

DÍA DA ILUSTRACIÓN: 30 DE XANEIRO

30/01/2022 16:24
Etc/GMT+2

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño [1936-1980].

        
    Para conmemorar este día , temos no Instituto unha pequena exposición que amosa a infomación máis relevante da vida de R. Patiño ,  as viñetas do cómic fundacional titulado " O home que falaba vegliota" e  algúns exemplares de banda deseñada que forman parte da historia deste xénero en Galicia.
 
 

Xaquín Marín e Reimundo Patiño son os indiscutibles pioneiros do cómic galego. Foron amigos e compañeiros de viaxe creativa. Xuntos lanzaron en 1975 Dúas viaxes, o primeiro álbum de BD galego no ético e no estético .  



 

 " O home que falaba vigliota" . Exposición do cómic de R. Patiño.

 
 
 

 

 
 

HORA DE LER

30/01/2022 17:22
Europe/Andorra

 

 

 

17ª Semana 

[5ª Sesión]

Difícilmente a lectora que pintou Carl Vilhelm Holsøe terá nas súas mans historias como as escritas por Vicente Gallego e César Mallorquí.

Outras épocas, outras sensibilidades ante a crueldade do mundo.

 

HORA DE LER

23/01/2022 18:19
Europe/Andorra

 

 

16ª Semana 

[4ª Sesión]

 

Na ilustración de Marc Tolices, Julio Cortázar, autor moi ben querido por Fernández Naval, innegable lector de Julio Cortázar, de quen levou ao galego o relato La autopista del sur.

HORA DE LER

16/01/2022 18:11
Europe/Andorra

 

 

 

15ª Semana 

[3ª Sesión]

 

«Un libro es un pájaro con más de cien alas para volar» deixou dito Ramán Gómez de la Serna. Comezamos esta segunda semana de xaneiro ao abrigo da literatura de Agustín Fernández Paz, tan ben rodeado de liberdade na icónica ilustración de Miguelanxo Prado.

 

Distribuir contido