Animación á lectura
HORA DE LER
Esta semana ilustra o cartel de Hora de Ler a proposta artística de As letras de Florencio, unha adicada ao poeta Florencio Delgado Gurriarán onde o visitante saciará a súa curiosidade e atopará un múltiple mostrario de recursos para achegarse á súa obra.
HORA DE LER
A seriedade e concentración na lectura que amosa a neñina fotografiada por Antoni Arissa é a que precisa o lector das suxestións de lectura desta semana: Theodor Kallifatides e Manuel Rivas, dous autores que coinciden na honestidade creativa, a preocupación social e unha mirada ética sobre as dores que atenazan aos desfavorecidos.
HORA DE LER
29ª Semana
[5ª sesión]
A realidade.
Non hai outra materia da que se alimente a arte. Todas as historias das que fala a literatura están basadas en feitos reais. Agora ben, tanto os camiños da memoria como os da ficción (tamén a autoficción) están cheos de espellos.
Diso son mostra as suxestións de lectura desta semana: un relato de Sandra Cisneros e un fragmento de Madres e hijos, unha narración de Theodor Kallifatides.
SAFARI FOTOPOÉTICO. LETRAS GALEGAS 2022
A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Florencio Delgado Gurriarán.
- Pode participar todo o alumnado do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
- O Safari Fotopoético desenvolverase entre o 25 de abril eo 13 de maio do presente ano 2022.
- As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
- As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nesta pequena escolma de versos de Florencio Delgado Gurriarán. Pode utilizarse unha estrofa completa ou elixir algún(s) versos da mesma.
- O texto debe aparecer integrado na propia imaxe.
- As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (jpeg, tiff...), preferiblemente en soporte pendrive (ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca: bibliofranciscoaguiar@gmail.com
- O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
- O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, dous profesores/as (un membro do equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Ed. Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
- Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados conforme aos seguintes criterios:
- 40% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
- 40% pola adaptación do texto á imaxe elexida, e
- 20% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.
HORA DE LER
28ª Semana
[4ª sesión]
Abril, mes dos libros... Unha homenaxe a Miguel de Cervantes.
As propostas de lectura son unha antoloxía de microrrelatos e o primeiro capítulo da primeira gran novela moderna, traducido ao galego por Valentín Arias López.
HORA DE LER
27ª Semana
HORA DE LER
26ª Semana
HORA DE LER
25ª Semana
HORA DE LER, #DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
22ª Semana
HORA DE LER
Días tristes nos que costa crer na bondade do xénero humano...
O pintor ruso Nikolai Petrovich Bogdanov Belsky (1868–1945) pintou en 1905 unha escena na que un grupo de xente escoita a lectura das noticias dun xornal: lendo o xornal, novas sobre a guerra é o nome polo que se recoñece ese óleo no que destaca a gravidade dos rostros de todas as figuras.
O poeta Ilya Kaminsky naceu en 1977 na cidade ucraniana de Odessa cando aínda formaba parte da Unión Soviética. En 1993 (dous anos despois da independencia da República de Ucrania), EEUU concedeulle asilo político á súa familia.
O poema «Vivimos felices durante la guerra», está incluido en República sorda (Valparaíso, Granada, 2021), libro que foi considerado polo New York Times un dos mellores libros do ano.
VIVIMOS FELICES DURANTE LA GUERRA
Y cuando bombardearon las casas de otras personas, nosotros
protestamos
pero no lo suficiente, nos opusimos pero no
lo suficiente. Yo estaba
en mi cama, alrededor de mi cama América
estaba cayendo: casa invisible por casa invisible por casa invisible—
Saqué una silla afuera y observé el sol.
Era el sexto mes
de un reinado desastroso en la casa del dinero
en la calle del dinero en la ciudad del dinero en el país del dinero,
en nuestro gran país del dinero, nosotros (perdónennos)
vivimos felices durante la guerra.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »