Plan Dixital

Documento guía e Recomendacións de AMTEGA para a elaboración do Plan Dixital de Centro

Xa está disponíble para os coordinadores de Plan Dixital dos centros educativos o documento guión para a elaboración do Plan Dixital dos centros. Tamén tedes á vosa disposición un documento de AMTEGA con información para realizar o devandito Plan Dixital.

En concreto, neste documento detállanse as definicións de Infraestructura dixital, Equipamento e Servizos Dixitais Educativos que reproduzo a continuación.

Infraestrutura dixital:

– Por infraestrutura dixital enténdese o conxunto de actuacións impulsadas pola administración para dotar aos centros educativos públicos das condicións de conectividade tanto internas como externas, necesarias para o desenvolvemento do seu labor, nomeadamente:

– Infraestrutura de datos (conectividade a internet).

– Infraestrutura de voz (telefonía).

– Conexións cableadas, sen fíos e electrónica de rede.

– Ante calquera necesidade de mellora da infraestrutura do centro ou actuación a este nivel, é preciso enviar unha solicitude a través da Unidade de Atención a Centros (UAC) que será avaliada polo  departamento técnico responsable.

Equipamento

– Por equipamento enténdese o conxunto de dispositivos tecnolóxicos cos que conta o centro para o desenvolvemento das funcións docentes.

ofesional.

Servizos dixitais educativos.

– Dentro destes servizos dixitais educativos corporativos entendemos aqueles que facilitan a xestión docente como pode ser o correo, a páxina web do centro, a aula virtual, espazoAbalar (con todas as súas funcionalidades e aplicacións), contidos educativos, agueiro e o desenvolvemento de proxectos corporativos como pode ser E-Dixgal.

servizos dixitais educativos

Materiais para a formación sobre a elaboración dun Plan de Acción

Na seguinte páxina de Agueiro poderedes atopar os materiais recomendados para, a partires do DAFO realizado nos centros, priorizar obxectivos e elaborar táboas con obxectivos SMART para o Plan de Acción. Este Plan de Acción será un dos contidos centrais do Plan Dixital 1.0 dos centros educativos.

Plan de acción

Distribuir contido