ADIX
Documento guía e Recomendacións de AMTEGA para a elaboración do Plan Dixital de Centro
Enviado por Pitusa o Ven, 27/05/2022 - 11:34Xa está disponíble para os coordinadores de Plan Dixital dos centros educativos o documento guión para a elaboración do Plan Dixital dos centros. Tamén tedes á vosa disposición un documento de AMTEGA con información para realizar o devandito Plan Dixital.
En concreto, neste documento detállanse as definicións de Infraestructura dixital, Equipamento e Servizos Dixitais Educativos que reproduzo a continuación.
Infraestrutura dixital:
– Por infraestrutura dixital enténdese o conxunto de actuacións impulsadas pola administración para dotar aos centros educativos públicos das condicións de conectividade tanto internas como externas, necesarias para o desenvolvemento do seu labor, nomeadamente:
– Infraestrutura de datos (conectividade a internet).
– Infraestrutura de voz (telefonía).
– Conexións cableadas, sen fíos e electrónica de rede.
– Ante calquera necesidade de mellora da infraestrutura do centro ou actuación a este nivel, é preciso enviar unha solicitude a través da Unidade de Atención a Centros (UAC) que será avaliada polo departamento técnico responsable.
Equipamento
– Por equipamento enténdese o conxunto de dispositivos tecnolóxicos cos que conta o centro para o desenvolvemento das funcións docentes.
ofesional.
Servizos dixitais educativos.
– Dentro destes servizos dixitais educativos corporativos entendemos aqueles que facilitan a xestión docente como pode ser o correo, a páxina web do centro, a aula virtual, espazoAbalar (con todas as súas funcionalidades e aplicacións), contidos educativos, agueiro e o desenvolvemento de proxectos corporativos como pode ser E-Dixgal.