Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Marzo 18, 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
18
Start: 18/03/2024 20:02

 

 

 

JOSÉ OVEJERO, Vibración, Galaxia Gutenberg, Barcelona, 2024, 368 páxinas.

19
20
21
Start: 21/03/2024 12:06
 

TRES VACAS 

 

Mentres les, concéntrome no tacto da túa chaqueta. 

E penso no pelo mollado das vacas cando chove, se ninguén as recolle. 

Unha paciencia triste. Mesta. 

As vacas, que non dubidan que as virán recadar. Os seus ollos tranquilos. 

Debuxo a túa postura, tan parecida á dos paxaros cando secan as ás molladas. 

Ese movemento pequeno que avanza e dubida cada vez que os teus ombros se adiantan ao teu corpo. Cada vez que descubro o que protexes e 

te atravesa. 

Tremes. 

Estamos sós e quietos. Escribo sobre ti. 

Fóra as vacas confían no amor. 

Ismael Ramos

Premio Nacional de Poesía Joven 2022

21 de marzo, Día Mundial da Poesía

&

John Borden Evans

22
23
24
Distribuir contido