Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Marzo 21, 2024 »
Xov
Start: 21/03/2024 13:06
 

TRES VACAS 

 

Mentres les, concéntrome no tacto da túa chaqueta. 

E penso no pelo mollado das vacas cando chove, se ninguén as recolle. 

Unha paciencia triste. Mesta. 

As vacas, que non dubidan que as virán recadar. Os seus ollos tranquilos. 

Debuxo a túa postura, tan parecida á dos paxaros cando secan as ás molladas. 

Ese movemento pequeno que avanza e dubida cada vez que os teus ombros se adiantan ao teu corpo. Cada vez que descubro o que protexes e 

te atravesa. 

Tremes. 

Estamos sós e quietos. Escribo sobre ti. 

Fóra as vacas confían no amor. 

Ismael Ramos

Premio Nacional de Poesía Joven 2022

21 de marzo, Día Mundial da Poesía

&

John Borden Evans

Alumnado de 3º ESO D e E visitan o Pazo de Meirás.

O alumnado participante no proxecto Pegada de Carbono, visitou a Audi, referente industrial en proxectos de absorción de CO2, acompañados polas súas profesoras Elvira Castro e Mª José Pardo.

Alí presentáronnos o seu programa Mission: Zero, que ten coma obxectivo acadar as emisións 0 de carbono para 2025.

Vintedous alum@s de todos os cursos da ESO, participan hoxe no Canguro Matemático, concurso organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM), dentro da convocatoria internacional realizada pola Asociación Kangourou Sans Frontières.

 

 

O alumnado de 1º de Bacharelato acude á sala Xulio Cuns para gozar dun concerto de Aldaolado organizado por Normalización Lingüística do concello de Betanzos.

Distribuir contido