Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
18
Start: 18/03/2024 20:02
| 19
| 20
| 21
Start: 21/03/2024 12:06
TRES VACAS
Mentres les, concéntrome no tacto da túa chaqueta. E penso no pelo mollado das vacas cando chove, se ninguén as recolle. Unha paciencia triste. Mesta. As vacas, que non dubidan que as virán recadar. Os seus ollos tranquilos. Debuxo a túa postura, tan parecida á dos paxaros cando secan as ás molladas. Ese movemento pequeno que avanza e dubida cada vez que os teus ombros se adiantan ao teu corpo. Cada vez que descubro o que protexes e te atravesa. Tremes. Estamos sós e quietos. Escribo sobre ti. Fóra as vacas confían no amor. Premio Nacional de Poesía Joven 2022 21 de marzo, Día Mundial da Poesía & John Borden Evans | 22
| 23
| 24
|