Eventos
Entre as 9 e as 11 da mañá, o alumnado de 1º e 2º de ESO participa en diferentes actividades deportivas: fútbol, brilé e baloncesto. Os equipos son mixtos.
O 1 de abril de 2023 é o Día das Artes Galegas.
Na tradición galega, este día era o Día dos Enganos. Así o certifica o refrán popular: "No primeiro de abril van os burros onde non deben ir".
As vacacións de Semana Santa van desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

O 7 de abril é o Día Mundial da Saúde. Está ben lembrarse dela, sobre todo se ela está connosco.
As vacacións de Semana Santa van desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.
As vacacións de Semana Santa van desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.
As vacacións de Semana Santa van desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.
Comezamos as suxestións de lectura do mes de abril recordando o escrito por T. S. Eliot:
April is the cruellest month, breeding
Lilacs out of the dead land, mixing
Memory and desire, stirring
Dull roots with spring rain.
Sabemos que certos homes non esperan a abril para exercer sobre os seus iguais a maior das crueldades.
Diso da testemuña a narrativa de Edurne Portela, que visitará este semana Betanzos.
O alumnado de 2º de Bacharelato, da materia Historia da Música e da Danza, visita o Museo das Mariñas, onde relacionarán a a historia da música coa arte e e a cultura en xeral.
Do 17 ao 21 de abril celebramos a Semana do Libro, aínda que hai quen santifica esta festa todos os días.

Charla coa escritora galega Andrea Maceiras.
Saída de E1A polos arredores de Betanzos.
Baixo o nome 'Cinema con perspectiva' falamos dunha iniciativa para levar talleres de creación e proxeccións ás escolas de toda Galicia.
O programa ten como obxectivo fomentar a igualdade, o interese polo cinema e a educación audiovisual entre a mocidade galega. Contará coa participación de corenta centros educativos.
Do 17 ao 21 de abril celebramos a Semana do Libro, aínda que hai quen santifica esta festa todos os días.
Rematamos o proxecto de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos. Os maiores terán un segundo encontro co alumnado de 4º B e D para contarlles as súas experiencias na emigración.

Os 10 alumnos de Latín I particpan nos Ludi Compostellani, onde imaprtirán un curso sobre arte musivaria.
Rematamos o proxecto de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos. Os maiores terán un segundo encontro co alumnado de 4º A e C para contarlles as súas experiencias na emigración.
O alumnado de 3º de ESO recibirá un obradoiro de creación literaria en colaboración co Concello de Betanzos.
Do 17 ao 21 de abril celebramos a Semana do Libro, aínda que hai quen santifica esta festa todos os días.
Pode que no seu momento estivera a ler historias de Amadises...
Esta semana, neste xogo de espellos, poderá escoller entre unha antoloxía de microrrelatos que serven de homenaxe á súa peripecia; e o primeiro capítulo da primeira gran novela moderna, traducido ao galego por Valentín Arias López.
#horadeler
#diadolibro
O grupo de 2A visita a Biblioteca, o Arquivo e o Museo das marñas, nunha actividade conxunta de dinamización e meteoescolas.
Ruta de sendeirismo polas aforas de Betanzos, para E1C.
ESPAZO E LUZ
A terceira entrada do dicionario para a palabra “baleiro” refírese precisamente a “Espazo baleiro”, e di: Espazo baleiro, que non está ocupado, especialmente por aquilo que está destinado a conter. A definición indica que un espazo baleiro caracterízase por estar baleiro de algo, é dicir, por unha ausencia.
As fotografías de espazos baleiros non teñen como única característica o feito de que non haxa persoas, figuras ou elementos relevantes, senón que son as eleccións dos fotógrafos as que fan que vexamos un espazo como “baleiro”: o encadre, a distancia e a luz constrúen unha determinada configuración do espazo que fai que sintamos ou non o baleiro. Son precisamente estas eleccións as que tamén fan que as fotografías de espazos baleiros teñan unha gran potencia evocadora e un gran valor fotográfico: hai unha longa tradición fotográfica vinculada aos espazos baleiros: dende os primeiros fotógrafos aos cales a técnica non lles permitía captar as figuras en movemento, ata os fotógrafos contemporáneos que exploraron os “non-lugares” e indagaron no urbanismo, a periferia, as marxes...
Podemos pensar en prazas, rúas, cuartos, estradas, esquinas, parques, espazos rurais, lugares públicos (teatros, estacións, cafeterías...). Poden ser espazos abandonados, desocupados, con pegadas de presenza e ausencia, sen a xente ouy os obxectos que os poboaron habitualmente.
A luz é esencial na fotografía; de feito, a mesma palabra “fotografía” provén da palabra luz: o que a luz debuxa. Pero ás veces, a luz non só está senón que se fai visible. Sexa porque un feixe de luz entra e ocupa o espazo, sexa polo xogo de luces e sombras, sexa porque a súa coloración nunha determinada hora do día tingue dun ton todo o espazo, etc.
Que supón fotografar a luz nos espazos? De xeito especial, poñer atención á incidencia da luz sobre o mesmo espazo e sobre os seus elementos (sombras, horas do día...). Tamén nos axuda a pensar sobre a propia narratividade do espazo: modificouse ao longo do tempo? É un espazo emblemático? É un espazo que se transforma ao longo das horas do día? É un espazo que xa non ten a utilidade que tiña? Quen se pasea, quen o goza, quen o habita?
Tres dos nosos alumnos de 2º ESO participan na Olimpíada matemática, que se celebra na Facultade de ciencias da Educación.
Os grupos de 2B/C visitan Guitiriz, onde realizarán un roteiro literario pola localidade a cargo do alumnado do IES Poeta Díaz Castro.
MUSIQUEANDO 2023
O vindeiro xoves 27 de abril o alumnado de 1ºBAC da Materia de Linguaxe e Práctica Musical e de Música de 4º ESO (da profesora Alba Alonso); participarán nun concerto na praza do campo de Betanzos.
Dito concerto terá lugar ás 12:00, e poderán achegarse familiares, veciñ@s, amig@s, e xente de Betanzos para disfrutar de varias actuacións musicais en directo e ao aire libre.
É unha iniciativa a nivel estatal, a través da cal se pretende dar a coñecer o que se está a facer nas aulas de música (con moito nivel neste Centro, por certo!).
Así pois, o 27 de abril máis de 40.000 alumnos e alumnas de toda España sairán ás rúas máis importantes da súa aldea, villa ou cidade para amosar o que se fai na materia de Música.
O IES Francisco Aguiar, participa (por segundo ano consecutivo) en dita proposta. Non volo perdades, esperámosvos!!"
Os grupos de 2º de Bacharelato asisten á proxección do documental "Dores", sobre os campos de concentración franquistas.
Ruta de sendeirismo polas aforas de Betanzos, para E1B.