ANTÓN LAGARES E JAVIER CID, NO PODIO DO CAMPIONATO DE PIRAGÜISMO
18/04/2023 15:00
Europe/Andorra
Os días 25 e 26 de marzo parte do equipo infantil e cadete do Club Ría de Betanzos e cadete desprazouse ata Arcos de la Frontera [Cádiz] para disputar o Campionato de España de JJPP onde os alumnos de 3º ESO Antón Lagares Montes e Javier Cid Castro subiron ao podio para rebibir a medalla ao, respectivamente, primeiro e segundo posto.
Parabéns a estes bos alumnos e deportistas, ás súas familias e aos adestradores e responsables do equipo Club Ría de Betanzos, tanto pola habitual consecución de éxitos deportivos como pola perseverancia na promoción de hábitos de vida saúdable.