Compartimos algunhas das maquetas que o alumnado de 1° da ESO de Bioloxía e Xeoloxía fixeron sobre a célula coa súa profesora Chus Gómez.
Pola lei de protección de datos non se publicará na web os nomes dos xefes de departamento. Para calquer consultar poñerse en contacto co centro
Imos rematando o curso e esta tarde o noso alumnado tivo ocasión de compartir con moita xente o seu talento impreso neste libro que presentamos no Museo do Pobo Galego e que titulamos Divers@s.
Grazas a todos os que quixestes arroupar a criatura e moi especialmente aos representantes dos diferentes partidos políticos que integran a corporación municipal. A diversidade ideolóxica tamén quixo estar presente neste acto no que falamos de igualdade, de tolerancia, de diversidade. No IES de Sar sabemos como convivir harmonicamente e este libro é o froito desta convicción.
Compartimos o proxecto de DONAS DE SI que demos en chamar PRESUME DE SER E DÉIXATE VER e que pretende visibilizar a vida de diferentes mulleres. Unhas coñecidas e outras dignas de coñecer. Preme no mapa e poderás saber delas.
Para confirmar asistencia no seguinte formulario
Quedades convidadas e convidados á presentación do libro que editamos este ano na Colección Sar do noso instituto, cos traballos de toda a comunidade educativa e coas fantásticas fotografías de Fuco Reyes, nacidas do obradoiro que lle impartiu ao noso alumnado de Bacharelato de Artes durante máis de 3 meses.
Será o venres na Selic e o martes no Museo do Pobo Galego.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer