portada30

Colaboración do noso alumnado con Lidia Cao no mural que deseñou para o noso instituto

Colaboración do noso alumnado con Lidia Cao no mural que deseñou para o noso instituto. Unha clase que de seguro non han de esquecer.

Visita o Instituto Galego de Fisica de Altas Enerxias - IGFAE do noso alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencias

Visita do noso alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencias o Instituto Galego de Física de Altas Enerxias - IGFAE, acompañado pola súa profesora de Física e Química, Mercedes Monteagudo, e a súa profesora de Matemáticas, Julia Vilaboa.

Calendario de Advento da Biblioteca do IES de Sar

Anímate a completar o Calendario de Advento da Biblioteca do IES de Sar.

Entramos na recta final do primeiro trimestre.

Mural de Lidia Cao para o noso centro

Empeza a tomar forma o mural que Lidia Cao deseñou para o noso centro.

É unha iniciativa de colaboración entre a Concellaría de Xuventude e o IES de Sar baixo a convocatoria anual de COMPOSTELA CONTEMPORÁNEA (Festival de Muralismo e Intervencións Urbanas).

Sabemos que vai facer un traballo espectacular, como nos ten acostumados.

 

 

Quérote+

 Para acceder a web fai click na imaxe.

Bosques de tinta, cera e verniz.

I Reunión do PROXECTO MEDRA, organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.

O noso alumnado de Física, acompañado pola súa profesora Mercedes Monteagudo, tivo a fortuna de participar o venres pasado na I Reunión do PROXECTO MEDRA, organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.

XIV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O venres pasado o noso alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencias e de 4º da ESO que cursa Física asistiu telematicamente á conferencia do Dr. Diego Martínez Santos titulada "A Física de partículas no século XXI", con motivo do XIV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.

 

Obradoiro Stencil Art

Hoxe comezou no noso centro o obradoiro de Stencil Art (estarcido), que imparte o artista Erre dentro do Festival Compostela Contemporánea de muralismo e intervención urbana, organizado pola Concellaría de Xuventude do Concello de Santiago e polo Colectivo Acción Mutante.
Grazas por este agasallo do que desfrutarán hoxe e mañá 11 alumnas e alumnos que cursan o Bacharelato de Artes.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer