portada30

Parabéns aos gañadores do Premio de Cartelismo 30 Aniversario do IES de SAR

Parabéns aos gañadores do Premio de Cartelismo 30 Aniversario do IES de SAR e a todos os que participastes na iniciativa.
O 1º premio recibiuno Chano Duro Gigirey e o 2º premio recaeu en Federico Momán, ambos alumnos de 2º de Bacharelato de Artes.
O xurado estivo composto polas profesoras e profesores Montse Amigo, Manuel de la Rosa, Mercedes Monteagudo e Baldo Ramos.
Como recollían as bases, os dous carteis gañadores serán utilizados na cartelería que empregaremos este ano para celebrar o noso aniversario.
 

Moitas grazas a Álvaro Sevilla por escribir sobre os 30 anos de historia do IES de Sar

Moitas grazas a Álvaro Sevilla por escribir sobre os 30 anos de historia do IES de Sar.
Soplaremos as velas xuntos o 5 de abril nunha festa á que está convidada toda a comunidade escolar.
Nesta fotografía cedida xenerosamente por Andrés Romarís poden verse os primeiros traballos da construción do noso instituto no ano 1993.

Hoxe deron comezo as actividades que temos programadas para celebrar o 30 aniversario do noso instituto

Hoxe deron comezo as actividades que temos programadas para celebrar o 30 ANIVERSARIO do noso instituto. Tivemos o privilexio de escoitar a unha das voces máis autorizadas para falar de Rosalía de Castro. No mes de Rosalía, acompañounos Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, académico de número da Real Academia Galega, profesor da Universidade de Vigo e escritor de obra literaria inconfundible e recoñecida pola crítica e o público. Unha sorte poder escoitalo declamando á nosa poeta máis universal. A rapazada soubo entender que Anxo Angueira, ademais de coñecer en profundidade a obra da autora padronesa, ten moi claro que a súa vixencia contemporánea explícase en grande medida polo seu compromiso feminista e social, nun tempo cheo de atrancos para ver cumpridos os seus soños de liberdade e independencia.

 

Primeiro premio no XI Concurso de Solistas do Consrvatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela

Parabéns ao noso alumno Artai Isasi Vázquez, que vén de recibir o primeiro premio no XI Concurso de Solistas do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.
Temos contado con el no centro para moitas actuacións interpretando o piano, demostrando que ten un talento excepcional tocando un instrumento que domina á perfección. Ademais de ser un alumno brillante é un rapaz xeneroso, que demostra bo talante en calquera faceta da vida, sempre disposto a todo.
Esta mañá, precisamente, enleámolo para que actúe na festa do 30 Aniversario que imos celebrar o 5 de abril por todo o grande. E penso que nos vai dar unha sorpresa, preparando unha actuación co seu amigo Lois Rodríguez Pereiras, excelente alumno do centro tamén e virtuoso do bombardino como poucos.
Parabéns, Artai, por este merecido recoñecemento!

Fotografías das árbores dos nosos xardíns

Hoxe compartimos unhas fotografías dos herbarios das árbores dos nosos xardíns que praparou o noso alumnado de 1º da ESO na materia de Afondamento de Bioloxia, dentro do Plan Proxecta NATURÉZATE.
Grazas, Chus Gómez, por ensinalos a mirar de preto o seu entorno.
No seu día o catedrático de Bioloxía Pablo Gómez Segade, extraordinario compañeiro e mellor docente, mimou eses xardíns como se fosen os da súa propia casa.
 

Recepción en Raxoi aos alumnos italianos de intercambio co IES de Sar

Grazas a La Voz de Galicia por facerse eco desta recepción e, sobre todo, grazas á alcaldesa Goretti Sanmartín por recibirnos e por facelo con tanto agarimo.
Grazas tamén a Mercedes Rosón e a María Baleato por acompañarnos, abríndonos as portas da casa de todos os composteláns e compostelás.

Charla divulgativa do profesor Felipe Gómez Cuba da Universidade de Vigo

Charla divulgativa do profesor Felipe Gómez Cuba da Universidade de Vigo para o alumnado que cursa Dixitalización en 4° da ESO e Educación dixital en 3° da ESO titulada Chocolate, wifi e buratos negros.

Noticia El Correo Gallego da celebración dos 30 anos do IES de Sar

Moitas grazas a Lorena Rey pola cobertura informativa das celebracións que nos vindeiros meses imos facer no IES de Sar para festexar as nosas tres décadas de vida.

 

 

Visita do decano da Facultade de Humanidades de Lugo

Hoxe repetiu a súa visita do ano pasado ao IES de Sar o decano da Facultade de Humanidades de Lugo Gonzalo Francisco Fernández Suárez para falarlle de xestión cultural ao alumnado de 1° de Bacharelato de Artes e para animalos a que cursen o grao e o máster de Xestión Cultural, que se imparten nesta facultade de Lugo.
Moitas grazas por repetir!
 
 

Traballos do noso alumnado de 1º de Bacharelato E e F para o proxecto salvavidas

Compartimos algúns traballos do alumnado de 1° de Bacharelato E e F para o Proxecto Salvavidas, no que este ano participan as nosas profesoras Chus Gómez, Pamen García, Tamara Paredes e Zoraida Barral para concienciar da importancia de doar sangue desde idades temperás.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer