portada30

Saída á Domus da Coruña de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato de Ciencias

O noso alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato de Ciencias tivo a sorte de facer unha saída á Domus da Coruña para coñecer o funcionamiento e a histoloxía cardíaco.

 

Fósiles realizados polos alumnos de 2º de Bacharelato

Fósiles en ambar (de laboratorio) realizados por alumnado de 2º de Bacharelato que cursan a materia de Xeoloxía.

 

Visita de 1º de Bacharelato de Artes ao CGAC

Visita ao CGAC do noso alumnado de 1º de Bacharelato de Artes ao CGAC polo seu 30 aniversario.

Remate da intervención muralística de Lidia Cao

Unha vez rematada a intervención muralística de Lidia Cao no IES de Sar, xusto despois de ter iniciado todo o proceso para facelo posible hai agora un ano, queremos darlle as grazas a quen o fixo viable economicamente:

- Grazas á Concellaría de Xuventude do Concello de Santiago por incluílo no Festival de Muralismo e Intervencións Urbanas COMPOSTELA CONTEMPORÁNEA e moi especialmente a Mou Mutante e a Noela por facer tan doadas as xestións.

- Grazas a Procolor | Composcolor por correr con todos os gastos de material necesarios para poder facelo.

E grazas tamén ao alumnado que colaborou coa artista no muro exterior.

Mil grazas, Lidia Cao, polo teu compromiso coa iniciativa. Sempre terás no Sar a túa casa.

Mural de Lidia Cao no noso centro

Grazas a Olalla Sánchez e a Xoán A. Soler por esta estupenda reportaxe que lle fan a Lidia Cao con motivo do proxecto muralístico que ideou para o noso instituto. Rematouno onte sábado ás 19:00 h.

Non sabemos moi ben como agradecerlle o compromiso e talento que investiu neste mes que leva traballando nas nosas paredes.

Sentímonos moi orgullosos de que teña pasado hai 10 anos polas nosas aulas e que nos devolva con tanta xenerosidade a súa gratitude. Grazas, Lidia, por favor.

Lembra que as andoriñas, despois de percorrer miles de kilómetros, sempre volven aos seus niños.

 

Visita a Fundación DIDAC

Visita a Fundación DIDAC, espazo de arte que temos a sorte de ter ao lado da casa. Grazas por acollernos con tanto agarimo, e moi especialmente a Pepe Barro por compartir co noso alumnado o seu proxecto.

Obradoiro microrelatos alumnado de 2º de Bacharelato de Artes

Hoxe tivemos unha actividade que nos enche de ilusión porque, se todo vai ben, dará como froito un libro de colaboración entre a Escola Oficial de Idiomas(Sección Inglés) e o IES de Sar. Trátase dunha publicación que recollería os microrelatos do Concurso de Mini Sagas que a EOI vén organizando entre o seu alumnado desde hai 7 anos.

Ana Losada Pérez acompañounos hoxe para impartirlle un obradoiro ao noso alumnado de 2º de Bacharelato de Artes para que ilustren cada un dos microrelatos premiados nestas sete edicións. Confiamos en que o resultado final sexa estupendo e que o noso alumnado aprenda moito coa iniciativa.

Obradoiros da Sociedade Xuvenil Galega de Química

Este luns tivemos a sorte de ter no centro a membros da Sociedade Xuvenil Galega de Química para impartir uns obradoiros aos que asistiu o alumnado de 1º da ESO C e 2º de Bacharelato que cursan Xeoloxía. Fixeron experimentos e demostracións coas que aprendemos moito.

Mil grazas por visitarnos e outras mil grazas a Chus Gómez e Pamen García Romalde por coordinar a iniciativa.

 

Unha curtametraxe de animación contra a LGTBIFOBIA

O noso exalumno Tristán Ron volveu ao IES de Sar para falarnos do seu novo proxecto: unha curtametraxe de animación sobre a LGTBIFOBIA.

Moita sorte coa iniciativa e moitos parabéns, Tristán!

Iker Trillo convocado con la selección española de baloncesto U15

Compartimos esta entrevista do noso alumno Iker Trillo e desexámoslle toda a sorte nesta nova andaina como xogador da selección española de baloncesto U15.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer